Nas lindes do marco

A xornada de Chatham comezou marcando a temperatura mínima nas primeiras horas, sinalando os 13º C. coma definitiva. A máxima acadóuse na sobremesa, que en principio indicaba 23º C. e que posteriormente, no histórico, retocóuse ata os 24º C. definitivos. A xornada ao vivo amosaba precipitación lixeira cara as 03:00 horas, pero no se viu consolidado no histórico, deixando a precipitación en 0. Os refachos chegaron ata os 30 km/h., que foron aumentados no histórico ata os 32 km/h.

Desta forma temos un vencedor en soidade, no linde do marco que sinala o pleno. 59 puntos para Oscar, que mallaba temperatura e auga e que coa rectificación do histórico quitáballe 1 punto na temperatura, pero lle redondeaba o vento para rematar coa mesma puntuación que ao vivo. Se non fora pola penalización acumulada estaría no Top-10 da Liga de Primaveira.

58 puntos para Sarabia, que somentes perdeu 2 puntos no refacho, atinando no resto dos parámetros. Colle o relevo de Julio, penalizado por tardío, e entra no Top-5 da Liga canadiana.

Con 57 puntos entran Modesto, Bar Pequeno, Rasta76 e Marius. Máis aló do posto 20 atopamos a Bar Pequeno e Rasta76, achegándose ó Top-10 a Modesto e Marius sube ata a 6ª plaza, intimidando ó Top-5.

E ata 8 meteoludópatas achegan 56 puntos no seu marcador. Michi, Budainca, Balboa, Mina, Lume, Aki, Botikas e Mjölnir. Destacan Botikas, que aumenta a diferenza no liderato, Mina chegando ata a 3ª praza e Lume, que colle o derradeiro posto do Top-10. O resto deambulan máis aló do posto 18 que marca Michi.

Se queres acceder a tódolos datos recollidos na 8ª etapa da Liga de Primaveira, pica no enlace que deixamos baixo este párrafo.

Na 8ª xornada da OjeteQuake 2022 poidemos ver a recuperación do anterior líder, Kaltxon, que perdeu o trono á conta dunha penalización, levando a etapa en soidade e accedendo ó 2º posto da xeral, a escasos 16 puntos do novo líder, Víbora. Kaltxon foi o que apostou máis preto do epicentro do sismo gañador, nas Loyalty Islands, ao este de Nova Caledonia. Perdeu 10 puntos na magnitude máxima, que foi de 5,2 Mg., resultando en 486 puntazos. Xowi, no sureste das Illas Salomón obtivo a segunda mellor puntuación. Balboa, outro dos pretendentes ó título, marcou a terceira mellor marca dende Papua Occidental, con mellor magnitude que os competidores máis cercanos. A os tres podedes atopalos entre o Top-5 da xeral sísmica.

Para acadar tódolos datos recollidos na 8ª etapa da V Liga OjeteQuake 2022, preme no botón enlazado baixo estas letras.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *