A xornada a desputar en Chatham e a primeira das tres que restan para rematar a IX Liga de Primaveira en Ontario. É o momento de poñer todo o raxo na grella, sen esquecer o punto de sal. Compre ser efectivo xa dende esta xornada e xa imos coñecendo o cambiante clima de Ontario, polo que mellor estuda todo o posible o que resta de competición. Nesta xornada semella que a chuvia terá poucas oportunidades de aparición, pero xa saimos enganados nesta mesma situación. A destacar a penalización por demora do 3º clasificado, Julio, que ainda poderá loitar polo podio, iso si, dende unha posición moito menos aventaxada.
As apostas de temperatura máxima van dende os 23 ata os 28º C., pouca marxe entre prediccións. Nas temperaturas mínimas temos valores dende os 11 ata os 17º C. E ata 4 meteoludópatas engadiron 1 litro de auga na casiña da pluviosidade. No que afecta ós refachos de vento, obtivemos rachas de entre 19 e 51 km/h., o parámetro máis aberto.
Esta etapa comeza cara as 06:00 horas e podes seguila ao vivo dende este enlace. Merece a pena botarlle un ollo durante o domingo nunha xornada que xa entra no terreo das decisivas.
Na xornada da OjeteQuake 2022 continúa a tendencia a concentrar a maioría de apostas no este de Asia, desta volta arreconcheghadas entre o sur de Xapón e Papúa Nova Guinea. Apostas tamén no Mar de Bering, Illas Salomón e aledaños de Fiji. Apostas tamén en Mongolia, China, Birmania e no sur de Vietnam. Unha aposta no centro do Océano Índico, en Irán e na fronteira de Irak con Turquía. Ademáis, marcas en Perú, na costa oeste de USA e nas Illas Sandwich. A magnitude máxima apostada é de 7, con varias que superan os 6 Mg.
Xornada sísmica con moitas variables, que comezará ás 02:00 horas desta mesma madrugada e que podes seguir ao vivo dende este enlace.