Semella que a derradeira xornada do IX Torneo de Vran, a decisiva tanto para quen tenta gañar a competición, coma para adquirir boleto para a Ojete’s Cup 2022, localizado na cordilleira montañosa que cobre a parte suroeste da India, os Western Ghats. Ainda que xa se agardaba, esta etapa final pode dar a volta á clasificación xeral e trocar moitas cousas. Xa se albiscaba pola fama do estado de Meghalaya, pero ademáis ven ratificado polas apostas acollidas.
As apostas en temperatura máxima van dende os 20 ata os 34º C., con todo un abismo polo medio e unha aposta a contrapé de 41º C. As temperaturas mínimas, entre os 14 e os 27º C., outra fonda trincheira, e cunha aposta que chega ata os 31º C. As apostas en pluviosidade marean cando as miras, oscilando entre os 3 e os 60 litros. Iso sí que é un parámetro aberto… Polo que atingue ós refachos de vento, sitúanse entre os 18 e os 39 km/h, o parámetro máis axustado.
Con isto por diante, non podes perder detalle do que aconteza este domingo en Tura, nos West Garo Hills. Ofertamos este enlace ao vivo que comezará a traballar a partires das 03:00 horas desta mesma madrugada.
A OjeteQuake 2022 chega ata as 5 derradeiras xornadas desta competición sísmica anual. O groso das apostas seguen concentradas no este de Asia, con epicentros dende o noreste de Rusia ata as inmediacións de Fiji. Fora desa área atopamos marcas ao norte de Chile, en Irak, norte de China e noroeste de Mongolia, xunto con unha arriscada aposta na costa de Gabón, ao sur do Golfo de Guinea. A magnitude máxima apostada acada os 7,1 Mg.
Se queres coñecer en tempo real o que suceda na 17ª etapa da OjeteQuake 2022, pica neste enlace ao vivo, en directo dende as 03:00 horas desta noite tropical en Galicia.