Prolongando o monzón

Ainda trocando de área e chegando ó mes de agosto, segue o ambiente húmido na India, dando xornadas moi compricadas de predicir. E máis cando somentes permanecen o mellor de de cada casa. Notóse nas apostas que @s participantes aprenderon algo do Torneo de Vran. A maioría dos resultados finais superan os 50 puntos, puntuacións altas para o que vimos na zona noreste do país.

As temperaturas tiveron pouca amplitude térmica, sinalando 28º C. de máxima e 24º C. coma valor mínimo. A xornada comezou con 4 litros acumulados do día anterior, e ás 03:00 horas marcaba 20,5 (13 litros no derradeiro cuarto de hora), polo que estes 16,5 litros sumáronse os 7,5 litros que se acumularon ata o final do día para un total de 24 litros. Preto das 10:00 horas acadábase o maior refacho de vento, con 14 nós, 24 km/h. na conversión.

As maiores puntuacións pertenceron a Landrán, que segue cun nivel exquisito en chuvia e Beocha, cun alto desempeño en tódolos parámetros.

Landrán aproveitou a calidade da aposta en chuvia, combinado con boas puntuacións en temperatura e vento para gañar con claridade a Sarabia e acadar a seguinte rolda. Sarabia buscará a vitoria na segunda quenda de competición.

Punteiro tamén obtivo unha gran vantaxe en chuvia e derrotou con suficiencia a Botikas, parco en chuvia, pero con mellor rendimento no resto dos parámetros,

Lume e Xowi tiveron que chegar ó desempate en vento debido a unhas apostas similares. O pior parámetro en ámbolos casos foi o vento, precisamente o valor que lle deu a vitoria a Xowi por un mísero kilómetro, deixando a Lume polo lado oscuro do cadro de competición.

Tamén Mina recuperou os puntos perdidos en temperatura e vento cunha aposta en chuvia próxima á realidade e supera por 2 puntos a Compoñente Sur, que tiña 3 puntos de renda do vento e temperatura.

Verducido tivo unha xornada tranquila, á conta da aposta á baixa enchuvia formulada por Bar Pequeno. No resto dos parámetros estiveron notables e igualados.

Non foi así para Beocha e Kaltxon, que tiveron que agardar ata o derradeiro minuto, con Kaltxon pedindo un litro que lle daría a vitoria e Beocha co paraugas aberto para manter a cantidade de chuvia. Finalmente un único punto de diferenza para Beocha no enfrontamento con máis calidade na 1ª rolda.

Popolo tamén supera a rolda á conta da mellor aposta en chuvia, con 3 puntos sobre Kaltxon, quen tiña unha mellor predicción de vento.

Modesto e Michi tiñan as apostas máis semellante das recibidas o venres. Michi superou a Modesto en temperatura por dous puntos, pero o refacho de vento engadíu 3 puntos a Modesto, que lle deu a volta á confrontación.

Somentes 2 dos cacheiras de serie quedan desterrados á cara oculta do cadro. Lume (4) foi sorprendida por Xowi (13) e Kaltxon (7) por Beocha (10). Non se poden sentir culpables pois foron derrotados por 2 d@s mellores participantes desta competición e coa máxima experiencia posible.

Cara a noitiña de hoxe publicaremos o Cadro de Competición actualizado á segunda rolda, ainda que se pode adiviñar con facilidade no cadro actual. Recorda que ainda que perderas, tes unha nova oportunidade nesta semana. Nesta competición, non eliminamos, somentes desviamos.

Se queres investigar no acontecido na 1ª rolda da Ojete’s Cup, en Pattambi (Palakkad), pica no enlace que ofertamos baixo estas letras.

A OjeteQuake está na sua parte decisiva, con escaso espazo entre os xogadores máis espabilados na Clasificación xeral. O maior sismo do domingo tivo o seu epicentro en terreo ruso oriental, nas illas aledañas á illa norte de Xapón, cun epicentro inicial de 6,1 Mg., que posteriormente a axencia rebaixou ata os 5,8 Mg. definitivos.

Moita competencia na hora de facer reconto. Popolo acadou 484 puntos, con aposta no sur da península de Kamchatka e bós resultados en magnitude. Primeira vitoria nesta edición e 17º posto na xeral. Melloraba a magnitude Beocha, que dende o oeste de Xapón facía 483 puntos, a un só do vencedor Popolo. Sube ata o posto 14. Dende zonas similares chegaron Botikas (480 pts.), Michi (479 pts.) e Sarabia (476). Dende o noreste ruso, Mina acada 470 puntos. De tod@s el@s somentes Botikas ten praza no Top-10, no derradeiro. Na xeral, os 5 primeiros están enlead@s en pouco máis de 100 puntos.

Se queres escudriñar os resultados da 18ª etapa da OjeteQuake 2022, pica no enlace que atoparás baixo este párrafo.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *