Lategazo de Bert

Despois da borrasca Caetano, este domingo durante a etapa 9 da Liga da Inverneira, en Lira, imos notar os efectos na distancia de unha cicloxénese explosiva, Bert, situada ó oeste das illas británicas. A cola de Bert impactará contra nós durante as derradeiras horas do día deixando, a priori, grande cantidade de precipitacións e uns refachos de vento fortes ou moi fortes, xa veremos… Polo tanto, xornada movida cunhas apostas que reflexan esa inestabilidade na atmósfera.

Foto de satélite de Bert. Meteovigo

As apostas en temperatura máxima oscilan entre os 15 e os 19º C. No caso das mínimas, os valores están entre os 10 e os 16º C. Polo que atinxe ás precipitacións, recibimos cantidades dende os 6 e os 51 litros, mentras que os refachos están representados entre os 53 e os 115 km/h.

Vendo a távoa de apostas en Lira agárdanos unha xornada espectacular, sobre todo na súa derradeira parte, cara o final do día. Serías parvo se non a seguiras ao vivo dende este enlace a partires das 01:40 horas desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo ata o remate final desta xornada case apocalíptica. Ven a Lira con nós!!

As apostas

Saudos e sorte!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *