O fin dunha era?

Axitada é un adxetivo que se queda curto para o que pasou onte en Lira na 9ª etapa da Liga da Inverneira. Houbo trocos múltiples no liderato da xeral e dous dos máximos aspirantes (os de sempre) estiveron por momentos fora do Top-5 a máis de 15 puntos da cacheira da clasificación. Unha vez finalizada a etapa recuperaron posicións e puntos, pero os dous grandes beneficiarios da xornada colleron unha renda que non ha de ser doado de pechar. Bert fixo das súas no concello de Carnora e a situación troca de escenario, polo menos no alto da clasificación.

A temperatura máxima acadou os 19º C. mentras que a mínima chegou ata os 10º C. (e podemos dar grazas). A chuvia foi o elemento relevante chegando a acumular 55 litros no pluviómetro. Pola parte do refacho, o maior acadóuse na primeira hora do día con 95 km/h.

Con estes valores tivemos (non podía ser doutra maneira) un gañador en soidade, da parte baixa da xerañ, pero que xa acumula a segunda vitoria en soidade neste curso. M. B Joaquín foi o único en chegar ata os 50 puntos, sendo o participante que máis chuvia apostara. Perdeu somentes 4 puntos na auga, outros 4 no vento e 2 nas temperaturas para coronarse de novo nesta edición. Outra vez, Moi Bien Joaquín!!

Só dous puntos por tras está a nova lideresa da clasificación, Magor, que tamén arriscou na auga e saíulle ben. Moi regular en tódolos parámetros asalta a primeira praza e semella mon vai ser sinxelo quitala de alí, tendo unha vantaxe de 6 puntos sobre o segundo e 9 sobre o terceiro. Veremos como encara o duro inverno de Ourense e Lugo. Benvida á élite!!

Ata 42 puntos temos que baixar para atopar o 3º clasificado da etapa. Julio tamén arriscou á chuvia e ademáis de pechar o hoco cos de diante subiu ata a posición 15 dende a 17. Noraboa pola remontada!!

Con 41 puntos entrou Modesto, outro que xogou na chuvia. Tamén pecha un burato importante para chegar ata o 18º posto e notando sensación de melloría. A seguir por este camiño!!

E o segundo clasificado da xeral marcou 40 puntos para situarse por riba dos vellos rivais e quedar a 6 puntos do liderato. Seica Landrán non lle ten medo á chuvia. Ben xogado!!

Suman 39 puntos en cadanseu marcador Breogán77 e Punteiro. Para Breogán77 semella pouca subida pero xa acada Top-20 na xeral. Punteiro sí que nota o empurrón, dende o posto 16 ata o 11º, empatado nun trío que loita por entrar no Top-10. A seguir mellorando!!

Por segunda semana consecutiva no atopamos ós grandes aspirantes entre os mellores da etapa. Será que van vellos e precisan xubilación? Os recambios semella que están preparados para tomar o relevo e cando as dinastías rematan, o baleiro de poder busca novos heroes. Poderás estar entre eles ou pretendes continuar entre os mediocres? Apúntate ó carro dos que se postulan coma candidatos!!

Estas foron as mellores puntuacións da etapa chuviosa en Lira. Para acadar toda a información recabada na 9ª xornada da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete preme no botón de enlace que presentamos baixo este texto.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *