O frío de Galicia

Podemos presentar Calvos como un dos lugares máis xeados de Galicia. Non adoita nevar moito pero as súas lazadas son históricas. Leva tempo marcando as temperaturas mínimas máis espectaculares nas redes informativas do país. Forma parte do Couto Mixto, semellante a un territorio luso dentro da marxe galega. Este será o escenario da 17ª etapa da Liga da Inverneira onde ademáis contará coa ameaza da chuvia, que nestas zonas adoita ser en forma de treboadas. Coma fondo teatral semella perfeto. Vexamos o que din os actores.

As apostas en temperatura máxima van dende os 2 ata os 12º C. Os valores para as mínimas oscilan entre -4 e 2º C. As precipitacións son probables, con valores dende a seca ata os 10 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 15 ata os 49 km/h.

Moita disparidade nos parámetros de predicción polo que estamos ante unha xornada con resultado moi axustado e co reto de atopar un ou vari@s gañadores. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:40 desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo ata o final do día. As etapas míticas do inverno son agora!!

As postas:

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *