San Martiño tardego

Xa sabedes que o refrán canta que a todo porco lle chega o seu San Martiño. Pois ainda que tardío, ese día chegou para a nosa lideresa Magor. Xa lle era tempo de acadar a súa primeira vitoria da competición (segunda histórica). Tanto tempo na cacheira da xeral precisaba dun recibo en forma de trunfo e este foi en Calvos, demostrando que o seu punto forte é a chuvia, na que se desenvolve coma ninguén. Calvos tivo o seu aquel, con tan só dous participantes por riba dos 50 puntos. Se podemos chamarlle escabechina, foi polo acadado por Magor.

A temperatura mínima chegou na madrugada ata os -6º C., moi por baixo das prediccións dos mellores desta edición. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 7º C., na media da maioría dos pronósticos. Os 9 de chuvia sí que eran agardados, pero somentes por 2 meteoludópatas e o vento marcou un refacho máximo de 42 km/h.

Así, Magor consegue a súa primeira vitoria nesta edición da Liga da Inverneira. Mallou a temperatura máxima, perdeu un só punto na chuvia e volveu mallar o refacho. Somentes deixou media vida na temperatura mínima, pero non evitou o trunfo de etapa con folganza. Con estes 54 puntos colle unha renda que pode ser definitiva de cara ó ciclo final de competición. 13 puntos sobre o segundo e 21 sobre o terceiro semellan máis que suficientes. Ou quizais non. De calqueira xeito, merécela vitoria, carallo!!

51 puntos engadiu no seu marcador o 3º clasificado, Popolo, a quen tamén lle falta unha vitoria de etapa para crer na remontada cara o título. Mallou a chuvia nunha xornada compricada, rozou o pleno no vento e perdeu ata 8 puntos nas temperaturas. Penso que puido aproveitar mellor a etapa, pero conserva o posto e reduce co 2º posto. Tes razóns para a ledicia!!

Sumando 49 puntos temos o 2º clasificado, Botikas, que ve como se alonxa o tereciro título consecutivo, ainda que sabendo como traballa, non tirará a toalla,ainda que queime o albornoz. Modesto empata na praza 14 e semella rexurdir das cinzas para mellorar nesta edición cun final esperanzador. Verducido sube un posto ata a 7ª praza buscando recuperar as sensacións perdidas dende novembro. Arriba ese animo!!

E con 48 puntos atopamos a Mina, que recupera posición no Top-10, preparándose para rematar con forza. Pequena festa ten que facer Víbora, inconsistente nesta edición onde buscará un Top-10 carísimo este ano. Mesma puntuación para Beocha, que acada a 4ª posición e tentará achegarsea praza de podio e acadar esa vitoria que se lle resiste. Forza no final!!

Esta foron as 8 mellores puntuacións na 17ª xornada, desputada en Calvos. Para acadar tódolos datos xurdidos desta etapa pica no enlace que ofertamos baixo este texto.

Forza e clima!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *