Entorno
O Xistral xuzgará esta 23ª xornada ós apostantes da XII Liga da Inverneira de Galicia de eltiempoentuojete. É a suplente da xornada de Punta Candieira, que continúa con problemas no anemómetro. Despois da estrea da estación na rolda final da VII edición da Liga da Inverneira, voltamos o concello de Muras no mes de Febreiro. Esta serra da provincia de Lugo será a que rompa coa xeira de etapas chans, volvendo a máis dos 900 m.
O Xistral é unha serra no noroeste da provincia de Lugo, preto do Mar Cantábrico. Este mar fai que a entrada de vento e humidade sexa constante, deixando moitas precipitacións, incluso en forma de neve, a pesar dos apenas 1000 mts. de altitude. Outro fenómeno é a intensa néboa, facendo o lugar inhóspito e relegando á poboación humana aos vales, con menor altitude.
Quizáis esa falta de actividade humana fixo que asentaran algunhas especies de aves que fan da Serra do Xistral un dos mellores observatorios de aves do país galego. Entre elas destacan o buitre leonado, o cernícalo vulgar ou os milanos negros, dentro das rapaces. Tamén podes atopar camachuelos, verderóns ou lavandeiras de fervenza.
Localización
Datos da estación
Sensores
- Anemómetro-Catavento
- Piranómetro
- Sonda de Temperatura de superficie/solo
- Pluviómetro de Cazoliñas
- Datalogger
- Sonda de Temperatura e Humidade
Gañadores anteriores
- 2020/21: Landrán, Modesto, Verducido
- 2023/24: Beocha