Xornada de alertas

Penúltima xornada da Liga de Primaveira en Okinawa e semella que volvemos ter alertas por chuvias copiosas e ventos fortes, desta vez en Nago, na illa principal. Imos ver se se concreta ou vai ser un bluff como a da semana pasada. Pode mudar a clasificación xeral pase o que pase, pois as apostas teñen valores dispares en varios dos parámetros. A vitoria terá un alto valor pola situación xeográfica e polas prediccións das axencias.

As apostas en temperatura máxima están bastante pechadas, indo dende os 25 ata os 29º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 21 e os 24º C., A precipitación é un parámetro incerto con valores apostados entre 3 e 47 litros. Mentras. os refachos de vento van dende os 26 ata os 57 km/h., sendo un parámetro tan aberto como o da chuvia.

Semella compricado predicir vencedores con estas mínimas diferenzas en case tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 20:30 horas do domingo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 20:30 da tarde do sábado, o levar JMA 6 horas (aprox.) de adianto no aporte de datos con respecto ó noso horario.

Seguimento da xornada

Ainda que o enlace programóuse en inglés, a web de JMA recíbenos en xaponés. Pódese traducir diretamente co traductor de Google, o que da o aceso á táboa de temperaturas e vento, e tedes que dirixirvos a “Graph” para coñecer a cantidade de chuvia recollida (aconsello o intervalo de 1 hora). Dicir tamén que non traballa a gráfica en tódolos dispositivos, polo que imos dar un itinerario para poder velo nun PC, que adoita ir mellor.

O ingresar polo enlace na web de JMA, en xaponés, seguide estes pasos:

1- Picade no logo da axencia, na parte superior esquerda da pantalla.

2- Pica en “ENGLISH” no centro superior.

3- Pica no círculo que pon “Weather” no menú central da páxina.

4- Fai scroll ata a táboa “Observation table“. Pica baixo a táboa, á dereita en “Extra detail“.

5- Aparece un mapa cun botón onde pon “Table“.

6- No menú superior pica en “Select prefecture” e marca, para esta etapa, “YaeySemella compricado predicir vencedores con estas mínimas diferenzas en case tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 20:30 horas do domingo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 20:30 da tarde do sábado, o levar JMA 6 horas (aprox.) de adianto no aporte de datos con respecto ó noso horario.

7- Na táboa seguinte escolle a etapa desta semana, nesta ocasión, “Nago“. Eiquí móstranse os datos de temperatura e vento. Para acadar os de chuvia, pica en “Graph” e escolle “Precipitation (10 min. ou 1 hour)” e suma os datos que se amosan. Os datos dezminutais adotan ser tamén máis precisos.

Os datos de precipitación son inamovibles, pero os de temperatura e refacho son medias horarias, polo que poden ser susceptibles de troco no final do día, onde se ofrece unha táboa diarias cos resultados finais destes 2 parámetros. Por conseguinte, a temperatura máxima pode ser superior e a mínima, inferior. Do mesmo xeito, o refacho será un número definitivo superior ó amosado na media.

As apostas:

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *