Saudos, meteoludópatas.
Temos duas novidades no día de hoxe. Por unha parte xa contamos coa Crítica-crónica da pasada xornada de Ancares. Realizada por Xowi, podes atopala clicando na foto inferior..
Por outra banda presentamos algunhas estadísticas do outono no artigo “Galicia recupera o outono en 2019”, coa comparativa con anos anteriores feita en base a estadísticas de Meteogalicia, por Verducido. Para acceder, preme na foto de embaixo.
Continuamos pendentes do estado da estación da xornada en curso, con erros no funcionamento da anemómetro. Estade atentos a calqueira aviso por troco ou outras decisións.