Despóis dun comezo de Liga da Inverneira pasado por auga, o inverno veu acompañado polo anticiclón, instalado en Galicia a partires do Nadal. Os resultados da xornada de Ancares deixaron de trocar cara o mediodía. Pola tardiña entrou unha pequena borrasca, que non deixou precipitación pero fixo que as temperaturas ficaran mornas ata o final da etapa.
E cando todo apuntaba a unha vitoria compartillada entre vari@s participantes, emerxeu unha figura que, con moi boa nota, levou os loureiros de Ancares en soidade, coma nos grandes portos do ciclismo. Ademáis, pódense observar pequenos trocos na xeral, pero que poden ser importantes.
E mentras agardamos unha das xornadas raíña da VI Liga da Inverneira, a de Cabeza de Manzaneda, animamos ó persoal a indagar nos datos da 16ª etapa, en Ancares, que podes acadar premendo o botón embaixo exposto.