A tribu de eltiempoentuojete segue o seu periplo polos cumios da comunidade, coma faría a Santa Compaña, rondando camiños, veigas e casas parroquiais. Desta vez, a cuna da 16ª xornada da Liga da Inverneira está en Ancares, na liña que separa a galegos e leoneses.
A xornada chega aparentemente sen auga, pero ainda así, as apostas pronostican diferenzas nos marcadores.
As temperaturas máximas non teñen criterio común e establecense entre os 12 e os 3º C. Na mínimas atopamos algo máis de acordo, con apostas entre 3 e -2º C. Ninguén botou un só litro de auga e os refachos de vento están situados entre 5 e 67 Km/h. Moito camiño entre ámbalas apostas.
Desta maneira agardamos unha xornada de inverno no concello de Cervantes, con moitas posibilidades de emoción e que podes seguir dende este enlace.