A 9ª tempada de eltiempoentuojete chega ó seu fin coa desputa da derradeira xornada da Ojete’s Cup en India e a OjeteQuake 2022. A xornada final da Ojete’s Cup comprende os enfrontamentos finais pola posición definitiva no cadro de competición. Detectamos un problema na estación en xogo (grazas a Kaltxon e Marius pola información) no parámetro da temperatura mínima, pero non fomos quen de arranxar o problema a tempo. O termómetro da estación baixa repentinamente por baixo de 0º, acadando valores de ata -40º C. Pois ben, esta é a resolución.
- Despois de estudar os datos históricos da estación de Ratnagiri e tendo en conta os datos das estacións adyacentes, determinamos que se a temperatura mínima descende por baixo dos 15º C., quedará anulado o parámetro de temperatura mínima, recebendo tod@s os paticipantes 0 puntos nese parámetro. Semella que o resto dos indicadores traballan adecuadamente, pero estaremos atentos a calqueira anomalía nos datos.
As apostas en temperatura máxima van dende os 27 ata os 31º C.. Pola banda das temperaturas mínimas, temos valores dende os 22 ata os 25º C. Non hai moito consenso no que atingue ás apostas en pluviosidade, con 6 xogadores que xogan á seca. Outros 6 apostantes predín 1 litro de auga. Os 4 restantes, dous con 2 litros e dous con 4 litros. A variable de referencia é a de Landrán, con 4. Os refachos de vento oscilan entre os 12 e os 33 km/h.
Con esta igualdade, non deixes de seguir a etapa ao vivo dende este enlace, a partires das 03:00 horas desta mesma madrugada. O torneo decídese este domingo.
Xornada final tamén na OjeteQuake, que decidirá o vencedor/a na Liga dos Terremotos, despois de 21 etapas desputadas nesta edición 2022. Un pouco máis espalladas as apostas nesta ocasión, pero con pista de circo máis activa na zona de o leste de Asia, dende o noreste de Rusia ata o norte de Nova Zelanda. Fora dese ámbito atopamos epicentros apostados preto da Illa Cocos, nas Illas Aleuterias, no oeste de Alaska, ao norte de Chile máis na Patagonia chilena, na zona das Illas Sandwich e nun punto indeterminado do Atlántico Sur. A magnitude máxima apostada é de 7 Mg,, con varias prediccións por riba dos 6 Mg.
Podes acadar tódolos datos da xornada sísmica ao vivo dende este enlace, a partires das 03:00 horas desta madrugada. Ata 6 (ou máis) apostantes teñen opcións de acadar o título sísmico.