Xornada definitiva nas duas derradeiras competicións en activo de eltiempoentuojete na tempada 2019/20. Este domingo, xornada final na Ojete’s Cup en Belize e tamén na Liga dos Terremotos, a OjeteQuake 2020.
Os dous mellores xogadores da Ojete’s Cup mídense en Punta Gorda para gañar a supremacía meteorolóxica. Son os xogadores con menor aposta en auga dos 16 en liza. Pero nesta ocasión Oscar notou a humidade caribeña, mentras Breogán77 seguíu o camiño das derradeiras etapas e escora a predición ata o 0 absoluto. O tempo dará a razón a un deles. Comparten a cifra en refacho e pequenas diferenzas na temperatura.
Compoñente Sur e Jose Lopez andan na procura da medalla de bronce. As apostas son moi semellantes e so os separan 1 litro de auga e 6 km/h no refacho.
Moi apertada tamén a loita pola 5ª praza entre Michi e Marius. Apostas máis cativas no caso de Marius.
Beocha marca 1 litro e 6 km/h en refacho por riba de Bar Pequeno. Na temperatura, todo mallado.
Sí atopamos diferenzas entre Verducido e Botikas, xa na cara B do cadro. A auga será o xuiz para acadar a 9ª praza.
Julio e Xowi apenas difiren na temperatura máxima, co resto dos parámetros moi semellantes.
As discrepancias na auga marcan o enfrontamento entre Lukas e Víbora.
Alucarda e Iago xogan o orgullo de non perder tódolos encontros. Pequenas diverxencias en tódolos parámetros.
Xornada con moito onde fixar a vista e que podes seguir ao vivo dende este enlace.
Pola banda da OjeteQuake 2020, a maioría das predicións apuntan ó Anel de Fogo, con apostas en Xapón, Indonesia, Papua, Fiji e Nova Zelanda. Na cara americana, Alaska, México, Perú e Jamaica. Fora do Anel, tres apostas no sur do continete africano e unha aposta máxica no sur de Galicia, cunha intensidade que pode quitar o sono a moit@s.
Podes seguir a xornada quake ao vivo dende este enlace.