As xornadas finais

O final da tempada 2019/20 de eltiempoentuojete estivo movida nas duas competicións en activo, a Ojete’s Cup en meteoroloxía e a OjeteQuake World Globe na parte dos terremotos. E xa temos novos campións nas duas categorías.

Na Ojete’s Cup a seca venceu á humidade dende a primeira xornada ata o final. E nesta xeira de apostas sobre secano o gran vencedor foi Breogán77, un “negacionista” da chuvia que supo ler coma ninguén o torneo en Belice. Oscar, outro “negacionista“, apostou desta vez sobre mollado e perdeu unha final que lle daría o seu segundo título da Ojete’s Cup. Breogán77, novato de segundo ano inscribe o seu nome no muro do Olimpo Meteorolóxico Amateur e ameaza con destacar na gran Liga na Galiza.

O terceiro caixón do podio acadóuno Compoñente Sur, despois de chegar ó desempate con Jose Lopez, a quen superou polo mellor refacho apostado. Éste último acada os seus mellores resultados xerais este ano. Poden ser dous perigosos rivais na Inverneira se seguen o seu desenrolo ó alza.

Marius gañou a Michi polo 5ª posto por mor dunha mellor temperatura e fai unha tempada de novato de ensoño e promete “molestar” na liga principal. Michi rematou coa maldición da 1ª rolda e acada a melor clasificación na Ojete’s Cup.

A loita pola 7ª praza xuntou ós dous xogador@s con peor coeficiente do Torneo de Vran. Sorprenderon na 1ª rolda e non se poden queixar dos resultados. Beocha gañou a Bar Pequeno no desempate polo mellor refacho de vento.

A final B non tivo batalla e Botikas leva a 9ª praza derrotando a Verducido polo déficit de auga. Ambos rematan a tempada por baixo das suas posibilidades.

Julio quitóulle a Xowi o 11º lugar atinando mellor a temperatura máxima. Grandes expectativas agardan ós dous na Liga da Inverneira.

A loita polo posto 13 barreu a Víbora no parámetro da auga. A vitoria levóuna Lukas. Agardamos velos diante nas seguintes competicións.

Alucarda e Iago pelexaban por acadar unha vitoria que evitara a humillación. Alucarda gañou no desempate por mellor refacho. Ambos terán que replantexar o seu método de predicción cara a nova tempada.

A OjeteQuake 2020 tivo unha xornada cardíaca. Xa desde moi cedo tivemos varios trocos. O primeiro sismo de intensidade foi parar a Perú, onde Xowi gañaba a etapa e a xeral. Despois un sismo nas South Shetland Islands daba a vitoria e o torneo a Marius. Pero 2 horas máis tarde outro sismo da mesma intensidade sacudía Whakatane, Nova Zelanda. A maior proximidade cunha aposta daba prioridade a éste e deixaba coma gañador a Julio. Ainda con outro terremoto de igual intensidade en Filipinas, non desbancou ó sismo “kiwi”.

Con tres maiores sismos de idéntica intensidade, isto non podía ser. O desmpate viu do medio do Atlántico, con pouco tráfico de apostas. A intensidade foi de 6,5 Mg., coma se quixera se despedir de eltiempoentuojete con honor e dignidade. Nesta ocasión o mellor situado era Xowi, pero dende Jamaica, Verducido axustou na magnitude e levou a vitoria na xornada, deixando a Xowi na segunda praza da xeral, a somentes 5 puntos do líder.

Lukas acada a segunda coroa da OjeteQuake World Globe, despóis de gañar na 1ª edición. Apenas 5 puntos o separan de Xowi, pero hai que recordar que Lukas perdeu 100 puntos por penalización na 8ª xornada. Ninguén gañara unha competición con penalización ás costas.

Marius arriscou apostando fora do Anel de Fogo e chega ata o terceiro posto. Rasta76 e Lume perderon forza e rematan 4º e 5ª. Verducido acadou a 6º praza axudado pola vitoria. Baixón de Julio e Oscar con apenas 300 puntos. 7º e 8º na xeral. Beocha sube ó 9º posto e Punteiro pecha o Top-10 na OjeteQuake 2020.

A finais de semana o resumo da tempada e os plans para a tempada 2020/2021.

Saudos e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *