A inversión térmica de Monforte

Un ano máis a protagonista en Monforte foi a inversión térmica típica destas datas nesta zona. A néboa cubríu a outra estación deste concello, a de Monforte, a menos de 300 metros de altitude, deixando unha temperatura máxima de somentes 3º C. Mentras, na estación de Marroxo, a estación en xogo nesta 12ª xornada, acadábanse os 7º C. cunha altitude de case 400 metros máis. O sol lucía na montaña por riba do banco de néboa da chaira.

A temperatura máxima, como dixemos, quedou en 7º C., mentras a mínima acadou os -1º C. Por suposto, nin rastro de chuvia e o refacho de vento chegou ata os 25 km/h. que alonxaron a xeada dura.

E con estes datos atopamos un gañador en soidade. Julio mediu ben en Marroxo anotando 59 puntazos, con pleno en temperaturas e chuvia e cunha perda mínima de 1 punto no refacho. Consolídase coma aspirante, subindo ata o 4º posto da xeral a tiro de pedra do podio. Vitoria para recordar con soberbia. A polo podio!!

Ata 5 meteoludópatas comparten o segundo posto en Marroxo con 58 puntos. Modesto por fin atisba unha luz no final do tunel ainda que non ten moito reflexo na xeral. Sarabia sí que notou o empurron que a introduce de cheo no Top-10. Botikas segue na persecución da lideresa e resta un punto de vantaxe. Landrán tamén avanza 3 posicións para colocarse 7º. Beocha pola súa parte sube unha posición ata a 6ª e xa ameaza o podio.

E no grupo de 57 puntos temos a Magor, que continúa coa boa racha que a fixo cacheira da xeral, agora con 11 puntos sobre o 2º clasificado. Popolo mantén a posición de privilexio no 3º chanzo do podio mentras Víbora xa cheira o sangue do Top-10.

Estes foron os 9 mellores marcadores da 12ª xornada da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. Para acadar toda a información dispoñible, preme no botón de enlace que ofertamos baixo este texto.

Sorte e clima!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *