Desta maneira non se vai recuperar a lagoa de Antela. Quizais non hai un proxecto para volver a encherla, pero tampouco as patacas se benefician do escaso litro de auga que mollou a estación meteorolóxica de Xinzo. Iso si, acadamos grandes puntuacións os meteoludópatas participantes na X Liga da Inverneira. Pero a clasificación xeral apenas se modificou cos bos resultados xerais que se obtiveron. Ainda que a posibilidade de troco nas derradeiras dúas etapas é alta coa proximidade da entrada da primaveira.
A xornada en Xinzo deixou resultados próximos ós pronosticados polos xogadores. A temperatura mínima marcóuse na madrugada con 1º C. e xa non se moveu. A máxima acadóuse no mediodía, co pequeno tempo de sol que houbo en todo o día e acadou o valor de 8º C. Caeu medio litro de chuvia na madrugada que se completou ata 1 litro redondeado na sobremesa. Foi o tempo onde se acadou o refacho máximo da etapa con 40 km/h.
Así, foi un gran día para Julio que, cunha traxectoria irregular e algunha penalización non podía estar orgulloso da súa participación nesta x edición. Non tiña vitorias polo que supoñemos un suspiro de desafogo ó levar o trunfo en soidade en Xinzo. 59 puntos, a un só litro do pleno coa que suma a súa 15ª vitoria histórica e que o achega un pouco máis a entrar no Top-20 da xeral. Parabéns ó trunfador!!
Plétora de segundóns con ata 6 participantes con 58 puntos. Mina é a única entre o Top-10 onde colle folgos ante o persecutor Xowi e presiona forte sobre o 6º posto de Landrán. Víbora xa está a 1 só punto de Balboa e Breogán77 na porta do Top-10 e agardamos unha loita a morte neste espazo da xeral nas derradeiras xornadas. Punteiro tamén se une a esta loita cunha remontada espectacular. Rasdgar é outro dos que presiona para subir do 15º posto actual, neste caso a Popolo. Á súa vez Lume tamén ansía un posto mellor e presiona a estes dous loitadores que non se poden despistar. Por último Lukas aguantou a embestida de Julio e mantén o posto 20 da xeral.
E ata 5 competidores con 57 puntos. Botikas aumenta a distancia cos persecutores e navega cara a vitoria final en Cuntis, ainda que semella que xa está no balneario. Marius, no 5º lugar, semella en terra de ninguén pero mantén a distancia agardando o erro de Beocha para atacar a 4ª praza. Balboa defendéuse ben dos lobos que o ameazan na 10ª praza pero ten traballo por diante. Popolo ten a tiro a Compoñente Sur pero Rasdgar, por tras, teno enfiado. Michi semella descolgado destas loitas pero ainda ten que defender posición ante vari@s participantes con aspiracións a mellora.
Estas foron as mellores puntuacións acadadas na 24ª etapa da X Liga da Inverneira. Para coñecer tódolos detalles do acontecido na lagoa de Antela, en Xinzo de Limia, pica no enlace que ofertamos baixo este texto.