Xornada inaugural da VII Liga de Primaveira baixo o estado de emerxencia polo coronavirus. Afortunadamente somos das poucas competicións ó aire libre que temos permiso específico para desenrolar o noso vicio meteorolóxico. Todo grazas a que as estacións de o BOM, o servizo australiano de meteoroloxía, están automatizadas. Agardamos non ter problemas na recepción dos datos.
Nesta primeira xornada semella vaise desputar sobre seco. As apostas recordan o inicio da Liga da Inverneira, con amplitude nas temperaturas e vento baixo.
As máximas van dende 22 ata 25º C., cun pico mínimo de 15º C. As mínimas están entre os 7 e os 14º C., grande amplitude nas apostas. A única referencia á chuvia é de 18 litros, sendo o resto de 0. No refacho de vento, oscilan entre os 12 e os 40 km/h., cun pico en 60.
Con estas estimacións agardamos unha xornada moi desputada, con marcadores moi semellantes entre eles. Recorda que podes seguir a etapa ao vivo dende este enlace. Cara as 15:30 de hoxe, en menos dun par de horas conectaremos a xornada ao vivo. Por esa mesma razón, a do inicio da etapa, non recolleremos apostas máis alá das 04:00 horas da madrugada do sábado. Ou sexa, se puntual, por favor. O avance de apostas pasa a publicarse ás 01:00 do sábado.
- Os resultados do BOM actualizan cada 30 minutos.
E damos á benvida a un novo meteoludópata no xogo, Marius, que agardamos forme parte da canteira milagrosa de eltiempoentuojete. Tamén saudar a Cesar, inactivo durante máis de un ano, que volta a unha competición que xa gañou no pasado, de igual maneira voltando do retiro.