A novena de eltiempoentuojete

Chegamos ó remate da 9ª tempada de competición en eltiempoentuojete coa resolución do derradeiro reto, a Ojete’s Cup 2022, celebrada na costa occidental, nos Western Ghats en India. Este vran estivo dominado estadisticamente por Landrán, o mellor aclimatado ó tempo do subcontinente indio.

Ben é certo que Landrán non puido alzar o título de compión na Ojete´s Cup porque chegóulle o faio no pior día. Verducido leva para a vitrina o seu 4º trofeo da Ojete’s Cup, acumulando a metade das edicións desta competición. Xowi completou o podio despois de gañar na loita polo 3º posto ante Popolo.

Presentamos as estadísticas referidas ós meses de xullo e agosto, xunto coas destiladas do IX Torneo de Vran (Brahmaputra) e da Ojete’s Cup (Western Ghats). Incluimos datos históricos do Torneo de Vran e da Ojete’s Cup.

Da mesma maneira expoñemos algúns datos estadísticos do total da 9ª tempada, nas suas 4 competicións, Pica no enlace embaixo estas letras. O claro vencedor foi Verducido, con dúas vitorias e podios en tódalas competicións.

En breve tempo recibirás unha comunicación reservándote un lugar para competir na 9ª Liga de Inverneira de Galicia, cunha 1ª xornada, coma sempre en Corrubedo, probablemente no domingo día 25 de septembro, con aposta o venres 23. Ata daquela, podes relaxarte ou seguir investigando na mellora da tua capacidade predictiva. Pero segue atento, algunha novidade teremos ata entonces…

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *