Emocionante fin de Liga sísmica

Semellaba que Kaltxon sería o campión da OjeteQuake 2022 despois dun sismo en Haveluloto, Tonga de 5,6 Mg. Pero cara as 22:30 da noitiña tremía a terra (ou o mar) no oeste de Indonesia, preto de Pariaman, e o USGS dáballe un 5,8 de magnitude. Iso levaba a vitoria de etapa de Kaltxon a Víbora (con segundo posto na xeral) e o campionato do mesmo Kaltxon para as mans de Xowi. Cara as 03:00 da madrugada publicábamos estes resultados coma definitivos.

Pero pola mañan o sismo rexistrado en Indonesia foi rebaixado de madrugada ata os 5,5 Mg., inferior o de Tonga. Despois de investigar un pouco e consolidar datos, constatamos a rebaixa do sismo e a desaparición da magnitude valorada inicialmente en 5,8 Mg. Polo que pasamos a retocar os datos da xornada do domingo para volver a listar por orde de magnitude os terremotos acaecidos e facer as taboas de clasificación de novo. Antes de nada a comparativa entre os sismos de Indonesia antes e despois da rectificación dos datos.

Despois de modificar os datos ó acontecido o resultado e de vitoria na etapa e na xeral de Kaltxon, que despois de estar toda a Liga nos primeiros postos, remata ó grande unha competición na que se adaptou perfectamente. 480 puntos cunha predicción moi sobria, situada ao norte de Fiji e cunha magnitude apostada case perfecta. 474 acadou Belenchis dende o norte de Vanuatu e remata a liga no 28º lugar. Julio sube ata a 4ª praza da xeral despois de engadir 461 puntos no seu marcador cun epicentro na Illas Salomon. Verducido foi o xogador mellor situado con respecto ó epicentro, pero unha magnitude esaxerada que o relega á cuarta mellor puntuación (459) e unha 8ª posición final. Compoñente Sur, con 454 remata 25º na xeral e Iru, con 447 chega ata a posición 22. Budainca e Breogán77 non chegaron ós 400 puntos e quedan na posición 5ª e 6ª respectivamente. Punteiro queda no 7º lugar, mentras Verducido, Iago e Botikas, nesta orde, completan o Top-10 final.

Para acceder ós datos recollidos no derradeiro domingo de competición sísmica, pica no enlace que presentamos baixo estas letras.

Ó longo desta semana faremos un resumo da Ojete’s Cup, da OjeteQuake 2022 e de toda a tempada, acompañadas polas estadísticas das competicións meteorolóxicas e algúns detalles curiosos do acontecido na 9ª tempada de competición de eltiempoentuojete. Non desconectes que ainda quedan sorpresas…!!

Saúde e clima!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *