A primeira dun novato

Hoxe imos dar os parabéns a o primeiro novato que acada unha vitoria nesta 10ª edición da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. Magor pon a primeira marca na távoa de vitorias en Ventosa, nun lugar e nunha etapa onde era compricado gañar en soidade. Pois Magor o fixo, inaugurando o seu propio casilleiro e que agardamos non sexa a última. Noraboa, Magor, xa estás no Olimpo Meteorolóxico Amateur, de momento coma Heróe. Ainda te queda ascender a Semideus e Deus.

A xornada estivo marcada pola alta temperatura máxima que se acadou o final da mañanciña do domingo. Ningunha aposta chegara ata esas cifras e non é doado acadar esa temperatura no extremo oriental da montaña lucense nestas datas. A chuvia foi inexistente, a temperatura mínima baixou cara o final da xornada e o vento foi frouxo como se agardaba.

A temperatura mínima mantívose en 6º C. durante 23 horas, baixando ata 4º C. no derradeiro instante e arrebatando a vitoria a Landrán para darlla a Magor. A temperatura máxima acadóuse cara as 12:30 do mediodía chegando ata uns insólitos 16º C. Ninguén apostara tan alto. Nin asomo da chuvia, o vento mantívose dende a madrugada en 15 km/h. estando na media das predicións da maioría.

Con este panorama damos a benvida ó Olimpo a Magor, cos seus 57 puntazos. 1ª vitoria dun novato nesta edición, moi merecida, perdendo somentes 2 puntos na temperatura máxima, mallando a mínima e a chuvia e deixando un punto máis no refacho. Vitoria moi merecida á conta das apostas realizadas e só nos queda felicitalo e agardar máis desta promesa do ano. Entra no Top-20 e seguro que gaña confianza para futuras xestas.

Con 56 puntos entrou Compoñente Sur, mellorando día a día. Faltóulle que a mínima baixara un grao para levar a etapa en soidade. De todas formas ascende 2 posicións para acadar o Top-10 empatando con 2 apostantes de calidade.

55 puntos obtiveron ata 5 competidores. O líder Botikas segue imparable, ainda que deixando varios puntos na temperatura máxima, coma todos neste grupo. Engade 2 puntos á renda co segundo e terceiro clasificado e comeza a dar medo (outra edición máis). A guantóulle Beocha na 4 praza, onde xa está a menos de 10 puntos do terceiro e compretando un final de outono e inicio de inverno espectacular. Tamén Breogán77 achégase a 6 puntos do seu predecesor, e Víbora aguanta no Top-10 atopando mellores sensacións e vindo dende atrás. Punteiro ven mellorando o seu horrible inicio de tempada e sitúase na 18ª posición, remontando coma só el sabe.

E ata 9 apostantes comparten a 4ª mellor puntuación con 54 puntos. Modesto, Landrán, Mina, Popolo, Mingos, Lume, Balboa, Julio e M. B. Joaquín, a maioría deles envoltos nas posición de cacheira e no Top-20 da Clasificación Xeral.

Para sumerxirte nos datos obtidos nesta 13ª etapa da Liga da Inverneira pica no enlace que deixamos embaixo esta letras ou tamén podes pasar polos Resultados da Liga Meteorolóxica, no menú principal da Liga Meteorolóxica (Valga, Pontecesures a redundancia).

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *