16ª etapa de cheo no inverno lucense e de novo o pleno estivo a piques de cair, desta vez non foi entre os mellores, que non sendo un par de afortunasdos, non estiveron á altura do agardado en Ancares. A temperatura, sobre todo a máxima, deixou algún descalabro na távoa de puntuación, con lixeiros movimentos importantes na távoa xeral.
A temperatura mínima chegou na madrugada ata os 3º C., por riba das prediccións dos mellores desta edición. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 12º C., tamén por riba da maioría dos pronósticos. Os 0 de chuvia sí que eran agardados e o vento marcou un refacho máximo de 30 km/h.
Con eses datos atopamos 2 vencedores irmanados con 59 puntos. Sarabia quedou a un só grado na temperatura máxima de acadar o pleno, mentras Rasta quedou 3 km/h. por baixo da perfección. Este último entra de cacheira no Top-20 e acada a súa primeira vitoria nesta XI edición. Para Sarabia xa é a segunda e con ela pasa a formar parte do Top-10 na súa derradeira praza, compartillada con 2 xogador@s máis. Gran xornada para vós!!
Con 58 puntos están 3 ocupantes do Top-10 e outro tipo. Popolo recupera o derradeiro chanzo do podio despois dunha gran xornada onde estivo moi preto do resultado perfecto. Michi foi “ese outro tipo” que acada praza no Top-20 no posto 17. Rasdgar,tamén moi regular no inverno, ocupa o 9º lugar e ameaza os seus predecesores. Landrán sube ata o 7º posto e achégase ás puntuacións de Top-5. Boa loita para estar entre os mellores!!
E chimpamos ata os 56 puntos de Kalandrakas que dende o posto 25 estivo entre os mellores en Ancares, Punteiro, que comparte 10º posto pero semella atrancado, Beocha, que mantén o 6º lugar pero aproxímase máis o 5º e 4º lugar e Balboa, outro que dende a praza 23 ten o mérito de asomar neste resumo. Ben xogado, rapaç@s!!
Esta foron as 10 mellores puntuacións na 16ª xornada, desputada en Ancares. Para acadar tódolos datos xurdidos desta etapa pica no enlace que ofertamos baixo este texto.