Adeus a Italia

Romans d’Isonzo é a etapa despedida de terras italianas nesta X Liga de Primaveira antes de cruzar a fronteira ata Eslovenia. Repetimos na rexión de Friul Venecia Julia, polo que agardamos un clima similar á da etapa anterior, salvando as distancias. Outra xornada de altas temperaturas, vento feble e con baixa probabilidade de chuvia. Unha tónica das estapas desta liga, pero que non perde a emoción pola vitoria nin pola clasificación xeral, marcada esta semana polo retraso de dous dos compoñentes do Top-10.

As apostas sobre temperatura máxima oscilan entre os 23 e os 27º C. Polo que respecta ás mínimas, están encadradas entre os 11 e os 16º C. Somentes un apostante engadíu chuvia na predicción, con 3 litros. No que atinxe ós refachos de vento, estes van dende os 9 ata os 35 km/h.

Con estas prediccións agárdanos unha etapa moi emocionante, con apostas moi similares que farán dela un domingo emocionante. Podes seguilo ao vivo dende este enlace a partires das 02:00 horas desta madrugada e dende a mañanciña de mañán en horario ininterrumpido ata o final do día. Se necesitas axuda coa interpretación dos datos, pica neste enlace.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *