Entramos na recta final da VII Liga de Primaveira e seguimos agardando unha pouca de chuvia para desenlear a clasificación xeral. Esta semana temos un atisbo de precipitación, máis que nas derradeiras xornadas.
As apostas de temperatura mínima van dende os 17 ata os 23º C. As mínimas, entre os 10 e os 15º C. A metade das apostas de pluviosidade está baleira e na outra metade atopamos ata 7 litros, ainda que a maioría marcou 1 ou 2. Nos refachos de vento, as postas van dende os 17 ata os 45 km/h.
Novamente temos moita igualdade nas prediccións, que plantexan unha xornada moi parella e que podes seguir ao vivo dende este enlace. A partires das 16:30 horas de hoxe mesmo.