Xornada de grandes puntuacións en Cequeliños, tras a desputa da 7ª etapa da Liga da Inverneira. Non sendo os penalizados, tódol@s xogador@s superaron o umbral dos 50 puntos. Parabéns para tod@s!! As temperaturas máximas foron baixas para o apostado, quedando nos 14º C. A mínima establecéuse nos 4º C., dentro das prediccións asinadas. Como se agardaba non houbo precipitacións e os refachos de vento foron de grao medio, asentando nos 29 km/h.
Ocandepavlov non gañaba unha etapa en Galicia dende xaneiro do ano 2019, fai case 3 anos. Somentes medio grao de temperatura separóuno do pleno. Diferencióuse do resto de competidores con altas puntuacións á conta do acerto pleno no refacho. 59 puntos que conlevan unha grande subida na xeral e que merecen a sua terceira vitoria na Liga da Inverneira, a primeira en soidade. Noraboa!!
Por tras, ata 7 participantes con 58 puntos. Nanuq, Verducido, Beocha, Michi, Popolo, Iru e Lume acadaron a segunda mellor puntuación en Cequeliños. Con 57 puntos, Alucarda, Aki, Kaltxon e Oscar coronan unha xornada cunha efectividade de alto nivel.
Na clasificación xeral vemos como se aperta de novo o Top-10. Juanito Caminante segue coma líder, pero semella que perde puntos nas etapas en seco. Deixou varios dos puntos gañados na Serra da Faladoira na solleira etapa de Arbo. Xowi colócase a 7 puntos despóis de recortar 3 ó líder. Alucarda restou 4 dende a terceira praza. A un so punto sitúase Nanuq, 4º posto con 5 puntos sustraidos ó líder. Sarabia roubou dous puntos dende a 5ª praza, compartida con Verducido, que resta 5 puntos. Aki e Beocha no 7º e 8º posto despois de acadar altas puntuacións. Botikas, Mjolnir e M. B. Joaquín xusto por tras cunha diferenza de 20 puntos por baixo da cacheira da xeral.
Para acceder a tódolos datos derivados da 7ª etapa da Liga da Inverneira localizada en Cequeliños, preme no botón embaixo estas letras.