Damos este título á etapa de Arbo en homenaxe á pelicula que Stanley Kramer viu dirixir a varias localizacións en España. Cary Grant, Frank Sinatra e Sofía Loren achegáronse ata Arbo para gravar unha das batallas da Guerra da Independencia na que está ambientado o filme.
O domingo en Cequeliños imos recrear as batallas pola Independencia na categoría meteorolóxica, con múltiples bandos organizados e autónomos. Ainda que semella non vai ser moi cruenta, dadas as prediccións que proporcionan as axencias meteorolóxicas.
As apostas en temperatura máxima están encadradas entre os 11 e os 17º C. Con respecto ás mínimas, as apostas van dende os 0 ata os 7º C. Baleiras atopamos os cadros de apostas en pluviosidade, dando un respiro ás etapas sobre mollado. Os refachos de vento oscilan entre os 10 e os 46 km/h.
Con todo isto adivíñase unha xornada moi apertada pero con marxe para a vitoria. Se non queres perdela, podes seguila ao vivo dende este enlace a partires da 02:20 desta mesma madrugada.