Amelie muda a xeral

Amelie en Galicia e Europa baixo as borrascas

O clima nesta inverneira en Galicia estanos a deixar un dos mellores inicios de competición entre todos os anos desputados. Despois de acadar máis de 100 litros en moitos puntos da comunidade, Penedo do Galo, en Viveiro, marcou 160 km/h. na noite do venres. Era o anticipo do que nos agardaba en Serra da Faladoira

Amelie é o nome da borrasca (un vagón máis do tren) que visitou Galicia na xornada do domingo. E seica non lle gustaba a Clasificación xeral, porque unha vez fixo noite, moitas posicións foron trocadas, polo que se establece unha nova orde.

Incontables líderes durante o desenrolo da etapa deixaron paso a tres protagonistas principais. Éstes contaban coa maior cantidade de auga e ventos moi precisos. O gañador non contaba con boas prediccións na temperatura, pero no resto dos parámetros foi o mellor. Levou a xornada despois da caida do derradeiro litro e adiantou a un fulano que bota de menos 10 puntos por penalización. Ademáis, un litro máis houbéselle dado o liderato. Pero este quedou nas mans da terceira mellor aposta da xornada, unha vella coñecida (recordas Mina Morales?) que ainda non ten este trofeo enriba da alacena.

Por tras moit@s dagnificad@s polo paso do temporal e a apertura de buratos na xeral é un feito. Se queres analizar tódolos datos do acontecido na 6ª xornada da Liga da Inverneira, preme o enlace abaixo exposto.

Saude e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *