Análisis final

A Ojete’s Cup 2022 nos Western Ghats do oeste da India chega ó seu gran final, coa desputa da derradeira xornada, onde Landrán e Verducido loitarán pola vitoria final en Ratnagiri, no estado de Maharashtra. Xowi e Popolo buscan a medalla de bronce. Beocha e Mina mídense pola 5ªpraza. Modesto e Punteiro pola 9ª. Na final B, os que perderon a 1ª rolda e gañaron aa seguintes, Botikas e Marius. A 11ª posición será o premio para Lume ou Kaltxon. Pola 13ª, cacheira a cacheira entre Sarabia e Michi. E por evitar a vergoña de perder tódolos enfrontamentos, Compoñente Sur e Bar Pequeno.

Imos botar un ollo os datos de acerto logrados nestas tres primeiras etapas, coma base para emitir un veredicto.

Atendendo ás estadísticas de acerto, semella que Landrán non vai ter problemas para alzar o trofeo (por meterlle presión). Ten os mellores datos en tódolos parámetros, agás na temperatura, na que ten a segunda mellor marca.

  • As temperaturas é o único onde Landrán non manda. Os mellores son Botikas e Kaltxon, que acadan máis dun 93% de acerto. Landrán, Michi e Xowi van de seguido e Popolo e Verducido completan o grupo dos que conseguen o 90% de acerto en temperaturas.
  • O mellor tino en pluviosidade é para Landrán sen competencia directa. Máis dun 93% de destreza, con Beocha e Punteiro por detrás con máis do 88%. Superan o 86% Marius, Michi e Lume.
  • No acerto en refacho de vento volvemos atoparnos con Landrán, desta vez compartindo con Botikas un impresionante valor superior ó 96%. Kaltxon amosa un 95% e Bar Pequeno e Verducido sobrepasan o 93% de acerto.
  • O acerto xeral está dominado por Landrán, o mellor adaptado á India. Cun 93,89% avantaxa a Marius e Punteiro en 4.5 puntos porcentuais e 5 a Beocha e Verducido, cun case un89%. Máis aló do 87% de acerto está Lume.

Competencias

Os pucos datos xerais de Landrán meten medo. Os de Verducido tamén, pero deixa moito que desexar na edición actual. Landrán na sua aparición inaugural na Ojete’s Cup ainda non coñece a derrota e semella controlar tódolos parámetros de predicción na India. A experiencia sinala a Verducido coma avantaxado, pero os datos de traxectoria en India encumbran a Landrán. Os dous primeiros cacheiras de serie atópanse nunha final moi apertada.

As estadísticas xerais de Xowi superan con moito as de Popolo, pon malos resultados históricos na Ojete’s Cup. O acerto xeral nesta edición marca a Xowi puco por riba, pero unido á estadística histórica, poderiamos dicir que Xowi é un claro candidato a levar a medalla de bronce.

Gran enfrontamento nos agarda entre Beocha, segunda mellor marca xeral na Ojete’s Cup 2022, e Mina, a cuarta mellor marca xeral. Ademáis unha experiencia dilatada por parte das dúas, con lixeira cadencia de acerto cara Beocha. Os números sinalan a Beocha coma favorita, pero as escasas diferenzas predín un resultado incerto.

Difícil predicción a da loita pola 7ª praza entre Punteiro, con máis experiencia pero de mala calidade e Modesto na súa primeira aparición na Ojete’s Cup. Pero nesta ocasión Punteiro amosa bos resultados na India. Os de Modesto, son “modestos”. Ainda así, pronóstico ignoto nesta rolda definitiva.

As estadísticas xerais nesta edición para Marius están na gama media dos 16 participantes. Os de Botikas están na gama baixa, motivados polo baixo rendimento en pluviosidade, parámetro no que destaca Marius. A experiencia de Botikas supera en moito a de Marius, pero os datos deste último non son nada malos. Igualdade asegurada.

Poucas edicións xogadas para Lume e Kaltxon. A experiencia beneficia a Lume, pero con escaso acerto na comparativa con Kaltxon. Nesta edición os dous teñen unha porcentaxe de acerto similar, ainda que a eficacia na pluviosidade da vantaxe a Lume, o resto de parámetros beneficia a Kaltxon. Resultado incerto.

Semellantes en xeral as estadísticas desta batalla, que Michi manda na experiencia e Sarabia na efectividade. Na actual edición é Michi o que ten mellor acerto xeral, sobre todo na pluviosidade, pero a igualdade será a estrela desta derradeira rolda.

Se hai un partido que non che gustaría xogar é este. Pero se algunha vez necesitas unha vitoria, este é o momento. A loita por non perder todos os enfrontamentos dispútase entre Compoñente Sur e Bar Pequeno. Un pouco máis de experiencia por parte de Compoñente Sur, ainda que co acerto xeral tumbado cara Bar Pequeno. Son os faroliños vermellos da clasificación de acerto xeral, con tendencia cara Compoñente Sur. A resolución non resulta doada.

Ademáis, tamén disfrutaremos da derradeira xornada da OjeteQuake 2022, co reparto de preseas despois de 21 xornadas de competición sísmica. Menos de 180 puntos entre os 6 primeiros clasificados, o que asegura unha xornada final moi apertada entre o líder, Xowi, co segundo da xeral, Kaltxon, a só 22 puntos de diferenza. A 66 puntos ven un grupo con apenas 60 puntos entre sí, con Víbora, Budainca e Breogán77. 28 puntos por tras está Julio, tamén en posición de loitar polo título. Pero iso non quere dicir que algún/ha participante coa tolería suficiente non poda acadar postos de honra. Pero para iso vas ter que arriscar….

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *