Na procura de melloría

Desputáronse as semifinais para a resolución da Ojete’s Cup 2022 na India e xa temos a composición da derradeira xornada da tempada 2021-2022. A chuvia foi decisiva na maioría dos casos, ainda que outros parámetros engadiron a pinga que algún necesitaba.

A temperatura máxima chegou ata os 30º C. e as mínimas quedaron nos 25º C., estando no apostado pola maioría. A chuvia comezou a caer despois do mediodía, acadando un valor de 8 litros. O refacho tamén foi subindo paseniño, marcando no final do día 28 km/h. Pasamos a facer un repaso do acontecido en cada confrontación.

Landrán acada a sua primeira final da Ojete’s Cup despois de desfacerse de Xowi con autoridade. O vencedor do Torneo de Vran en India obtén boleta grazas á sua efectividade na chuvia, de novo entre as mellores apostas. O vento e a temperatura tamén cairon do lado de Landrán, polo que Xowi competirá polo 3º posto na derradeira xornada.

Verducido mellorou tódolos parámetros de Popolo para coller praza na final, que será a 4ª para él. Popolo xogará polo 3ª chanzo do podio con Xowi. Con menos de 50 puntos non se chega a unha final.

Punteiro tería mellor puntuación que Mina, pero chegar tarde penaliza moito e ten un precio alto. Buscará a sétima praza na derradeira rolda.

Beocha superou as apostas de Modesto onde non estaban empatadas. Mellor pluviosidade e refacho farán que loite pola 5ª praza xeral.

Botikas precisou mallar a temperatura e, coa axuda da chuvia accede ata a final B do torneo. Lume buscará contra Kaltxon a 11ª praza.

Marius gañou a etapa con 57 puntazos, deixando as apostas de Kaltxon en auga en evidencia. Marius accede á final B contra un mito da meteoroloxía amateur.

Sarabia evita a vergoña á conta da pluviosidade, despois de empatar no resto de parámetros con Compoñente Sur, que ten unha derradeira oportunidade para acadar vitoria nesta edición.

Tamén Michi fixo os deberes, coa pluviosidade coma parámetro decisivo. Bar Pequeno terá unha última oportunidade con Compoñente Sur.

Se queres acadar tódols datos recabados na 3ª rolda da Ojete’s Cup 2022, pica no enlace que ofertamos baixo estas letras.

A OjeteQuake 2022 competiu na penúltima xornada do torneo e ainda non hai decidido nengún posto, dacordo á clasificación xeral. Desta volta o epicentro do maior sismo no domingo foi cara a vertente pacífica de Sudamérica, a 50 kms. da costa de Caráquez, en Ecuador.

Landrán anda na llama…!!! Debe de ser dos poucos xogadores que non desexa que remate a tempada. Líder indiscutible na India, sumando vitorias, o desafiuzado xogador sísmico, máis aló do posto 25, acada a sua segunda vitoria consecutiva na Liga dos Terremotos. Landrán situou o seu epicentro na contorna de Antofagasta, na costa norte de Chile. A sua alta aposta en magnitude (6,9 Mg.) non foi obstáculo para un trunfo sobrado con 439 puntos. Segue no posto 27 pero engrosa a sua conta de vitorias sísmicas. Aki, cun sismo localizado no medio do Atlántico Sur foi o outro xogador que acadou máis de 400 puntos. Ata 408 suma no seu marcador e transita pola 19ª posición. Dende as Illas Sandwich, Jose Lopez e Botikas suman 388 e 366 respectivamente. Jose Lopez colócase 24, pero Botikas chega ata o 8ª lugar da xeral, a menos de 300 puntos do líder. Julio, metido en loitas ainda maiores acadou 380 puntos, e ainda que na 6ª praza, está a menos de 180 puntos do liderato, polo que segue a ser candidato ó título.

Para obter tódolos datos destilados desta 20ª e puenúltima etapa da OjeteQuake 2022, pica no enlace embaixo estas letras.

En breve publicaremos unha previa ás xornadas finais, tanto a meteorolóxica como a sísmica para dar por pechada a 9ª tempada de xogo de eltiempoentuojete. Comparativas entre rivais e detalles a ter en conta para a consecución dos títulos, etc. Prepárate que despois imos de vacacións, pero exhíbete na derradeira cita.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *