Apareceu o peine!!

Despois de pasar todo o domingo incomunicados e con aspecto de ter que anular a etapa de O Xistral por falta de datos… apareceu o peine! Cando esta mañán pasamos pola páxina de resultados de Meteogalicia tiñamos os datos da xornada actualizados.

Pouco podemos dicir do desenvolvemento da etapa pois os datos non se actualizaron en tempo real, polo que pasamos a resumir os resultados da xornada.

A temperatura máxima chegou ata os 13º C. mentres a mínima acadou un valor de 10º C. O pluviómetro chegou a cifras somentes predicidas por Punteiro, 14 litros. E o refacho máximo de vento fóise ata os 124 km/h.

Con estes datos só contamos cunha participante por riba dos 50 puntos. Beocha suma 52 puntos para unha vitoria en soidade, que tamén lle vale para subir ata o 4º posto da clasificación xeral. Sobria en tódolos parámetros perdeu somentes 1 punto na temperatura, 3 na chuvia e 4 no vento. Achégase ó cumio da clasificación xeral despois dunhas xornadas recuperando puntos de maneira espectacular. Veremos se nas próximas citas colle o tren do Top-3 e se postula coma aspirante ó título.

Por tras, con 48 puntos, un trio moi activo nas derradeiras datas. Verducido recorta espacio cos 2 mellores da xeral quedando a 2 puntos de Kaltxon e a 3 do líder Botikas. Landrán sube ata o 6º posto e ameaza xa a Mina, que segue a perder puntos nas últimas citas. Punteiro ten a subida máis espectacular, dende o posto 26 ata o 19, xa dentro do Top-20. Seguro que bota de menos os puntos das penalizacións de inicio de Liga.

Os 47 puntos de Botikas serven para desempatar con Kaltxon e situarse coma líder en soidade, seguido de preto polos perseguidores pero afianzando o seu postulado a una nova vitoria final. Mesmo número de puntos para Marius para marcar outra das grandes subidas na xeral, dende o posto 14 ata entrar no Top-10 facendo moito ruido.

46 puntos para Mina e Kaltxon, que non perderon tanto como a xeral dicta. Manteñen posicións de privilexio nunha etapa onde se puderon perder moitos puntos. Kaltxon está a 1 punto do liderato e Mina queda na 5ª praza moi presionada por Landrán.

Julio acada 45 puntos tentando afianzar unha calidade da que ainda non dou conta nesta edición e chega ata o posto 27 da xeral.

Estes son os 9 mellores resultados nesta 12ª etapa da Liga da Inverneira desputada en O Xistral. Para acadar tódolos datos rexistrados na etapa pica no enlace que deixamos baixo estas letras.

Aviso: Os datos de O Xistral na Clasificación Xeral atópanse na penúltima columna en vez da derradeira, polo troco feito na anterior xornada.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *