Penso que é indubidable que toda a comunidade meteoludópata de eltiempoentuojete esperaba unha xornada como a que se vai desputar en Fontecada, no concello coruñés de Santa Comba. Tamén creo estar no certo se digo que, despois de observar as apostas, moit@s de vós estades medorentos polo resultado que se expoña o luns, após o remate da xornada. Seica necesitabamos unha etapa deste tipo para extraer o trigo da palla e Fontecada reflexa esta convicción. Agárdase a chegada dunha nova borrasca despois de Louis, pero xa con vento de sur e, polo tanto, con temperaturas máis mornas. Mónica tamén nos trae vento forte e chuvia intensa pero vindo dende o Atlántico fará que suban as temperaturas. Tendo esto en conta, a táboa de apostas ven cumplida en todos os seus parámetros e supón para o conxunto de xogador@s unha oportunidade única de ascenso na xeral ou, Guabancex (deusa taína ou arahucana da meteoroloxía) non o queira, afundirse no abismo.
Polo que respecta ás temperaturas máximas, observamos valores que van dende os 10 ata os 15º C. No que atinxe ás mínimas, as apostas van dende os 4 ós 12º C. No apartado de chuvia recollida temos un “totum revolutum” de prediccións, dende os 14 ata os 80 litros, sendo un parámetro decisivo para mañá. No capítulo de refachos de vento tamén haj disparidade de opinións, con cifras dende os 32 ata os 89 km/h. Ainda sendo moi determinante, a cantidade de puntos en xogo é menor, pero en conxunto poderemos ver moitas diferenzas nas consecuencias finais.
Sempre dicimos que non te podes perder a transmisión da xornada, pero desta vez non esaxeramos cando urximos de maneira explícita a seguila minuto a minuto (os datos son dezminutais). Fontecada pode cambiar o devir da historia desta edición da Liga da Inverneira, sendo un lugar onde a chuvia é credo. Podes seguir esta xornada ao vivo dende este enlace a partires da 01:40 desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo ata o remate da competición. Todo está en xogo no concello de Santa Comba.