Apocalipse en altura

Grande xornada a que se nos ven enriba neste fin de semana de Nadal. O tren de borrascas segue a sua actividade e o domingo ainda se presenta un panorama moi compricado. O vento e a chuvia han de ser protagonistas na nosa estación de a Serra do Eixe, no concello de A Veiga. Primeira de montaña na provincia de Ourense, pode ser unha parada con movementos decisivos dentro da Clasificación Xeral.

As apostas sobre temperatura máxima establécense entre os 7 e os 12º C., con duas apostas que superan os 15º C. As temperaturas mínimas oscilan entre 1 e 7º C., cunha punta de 10º C. Nas apostas da chuvia atopamos varias apostas “negacionistas” con valor nulo. Apostas con valores baixos, entre 1 e 5 litros e outros máis abondosos, con cifras que acadan ata os 25 litros, ollo, pronosticado polo gurú da chuvia nesta edición, Juanito Caminante. Os refachos de vento teñen representación dende os 17 ata os 92 km/h.

Xornada polo tanto de moitas variables que poden modificar significativamente a Clasificación Xeral. E destas etapas que merecen un seguimento constante e que podes seguir ao vivo dende este enlace a partires da 01:30 horas deta mesma madrugada.

As apostas:

E sentimos o retraso na publicación das estadísticas correspondentes ó periodo de Outono de 2021. Xa están dispoñibles e podes atopalas no enlace embaixo estas letras ou no menú de contido, en Estadísticas.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *