Ferve o eixe en A Veiga

Xornada memorable a desputada neste derradeiro fin de semana do ano 2021. A estación meteorolóxica da Serra do Eixe foi o campo de batalla ideal, con moitas modificacións en tódolos parámetros ó longo do día. Para estar a máis de 1200 metros de altitude e a finais de decembro as temperaturas foron moi altas, cunha mínima de 5º C. acadada a primeiras horas da madrugada. Dende ahí foi subindo ata chegar ós 10º C. que marcou a máxima xa na tardiña, con máis fusco que lusco. A chuvia non comezou a cair ata pouco antes de amencer, pero con constancia formigueira. Case medio litro cada 10 minutos, con picos de case un litro. Xa cara as 18 horas semellaba que Juanito Caminante podería recuperar o liderato, pero a chuvia voltóuse preguiceira e ata o final do día somentes rexistrou menos de medio litro, deixando o total da xornada en 19 litros. Os refachos de vento foron de menos a máis durante a etapa ata acadar o seu máximo preto das 11 da noite, cunha marca de 71 km/h.

A etapa da Serra do Eixe tivo moit@s líderes ó longo do día, que foron deixando paso a outros ó modificarse os parámetros con asiduidade. Marius foi de tapadiño durante o desenrolo da etapa e asomou a cacheira no derradeiro momento para levar o trunfo nunha xornada memorable. Acadar 57 puntos nesta edición non semella sinxelo, polo que a vitoria ten moito valor. Ademáis, achégase ás portas do Top-10 da clasificación xeral.

O que acadou ese Top-10 nesta xornada foi Ocandepavlov, grazas ós 56 puntos sumados. Moi estricto en tódolos parámetros semella estar ante unha das mellores tempadas da sua historia. Veremos o que pode facer de aquí en diante.

Mina tamén rexurdiu en A Veiga con 55 puntos, que lle permite ascender dentro dos 20 primeiros. Sempre se agarda máis dela.

Tentando mellorar, aplicóuse ben Sarabia, que chegou a ocupar a 4ª praza durante a etapa. Punteiro e Julio son dous grandes competidores que este ano non demostraron ainda a sua valía. Pero xa navegan entre os 15 primeiro e ameazan o Top-10 cos 54 puntos logrados.

Verducido suma 53 puntos e mantén a cuarta praza da xeral. Breogán77, coa mesma puntuación está ás portas do Top-20. Kaltxon xa ingresou nese top e tenta mellorar. Rasta76 segue afundido, ainda que supera o posto 30.

Estes son os 10 mellores clasificados na 14ª etapa da VIII Liga da Inverneira. Para consultar tódolos datos recollidos na Serra do Eixe, pica no enlace embaixo exposto.

  • En breves publicaremos as estadísticas correspondentes ó mes de decembro, coas porcentaxes de acerto entre outros detalles.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *