Lardeira foi unha das etapas máis intensas das desputadas en eltiempoentuojete. A pesares que a derradeira fronte húmida do día eludíu a comarca de Valdeorras, todas as apostas sinalaban chuvia. Ademáis, o resto dos parámetros estiveron á altura dunha estación meteorolóxica a máis de 1600 m. de altitude.
O día comezaba fresco e afundindo a varios dos apostantes, cunha primeira marca en temperatura en -5º C. Pouco despois da 01:00 h. da madrugada chegou ata os -6º C., valor definitivo para a mínima. A máxima tivo máis emoción e fíxose agardar ata máis aló das 21:00 h. con 1.4º C. A chuvia apareceu puntual para o previsto polas axencias e no mediodía deixaba preto de 1 litro, quedando á espera da chegada da fronte cara a noitiña. Pero foi unha ilusión. Mentras, o vento subía paseniño dende o principio da etapa e superaba as apostas máis altas antes das 21:00 horas, chegando ata os 92 km/h. Ese vento foi todo o que se supo da nova fronte en Lardeira, namentras o resto do país rexistraba fortes bategadas de chuvia.
A clasificación xeral sufriu incontables trocos ó longo do día en toda a sua extensión. Os primeiros líderes estables, Lume e Punteiro, foron varridos polo vento en aumento. Tomaban a dianteira os xogadores que máis arriscaron no refacho, case tod@s inmersos en loitas no Top-10. Botikas e Verducido mallaron as temperaturas e, con chuvia baixa tomaban vantaxe con Beocha e Víbora por tras. O refacho final, xunto a carencia de precipitacións foron o pulo que necesitaba Verducido para gañar en soidade en Lardeira con 54 pts., segunda vitoria en tres visitas.
A vitoria de Verducido elévao de novo ó liderato da VII Liga da Inverneira, asinando un trunfo que lle da vantaxe ante un posible empate con Botikas. Toda unha declaración de intencións cara o tramo final.
Botikas con 51 acada a segunda praza na xornada e queda a un punto do líder, a tiro de pedra. Comparte con Landrán, que con boas etapas volta achegarse ó Top-10, despois de comerlle as papas a Michi e Mina.
Con 50 puntos, Beocha segue a máis de 10 puntos da cacheira, pero mete un autobús de puntos entre os seus persecutores. Víbora aproveita a puntuación para chimpar por riba de Marius e Xowi e coller a sétima praza, a un só punto de Modesto. A máis, os dous recortan varios dos puntos que os separan da 4ª e 5ª praza.
Somentes este 5 apostantes chegaron á marca dos 50 puntos. Con 49, Nanuq sube ata a 15ª praza na xeral. Con 48, Modesto achica o espazo co Top-5. 47 para Oscar, xa metidos no pozo. Con 46 Marius e Balboa seguen a loitar no grupo kamikaze que abarca dende o 4º posto ata o 10º. Con isto compretamos o Top-10 en Lardeira.
Defraudaron Punteiro e Xowi, con apostas en refacho feble coma auganeve marrón. A ousada predición sobre auga de Julio meteuno nun grupo de perigosos novatos e experimentados dos que xa case se esquecera. Mina, baixo vento e moita auga, receita para a desfeita. Pior ainda Michi, lonxe do Top-10, encadena ridículos na parte final das etapas de montaña. Coma apunte, agardamos que a aposta de vento de Denodeno derive do alcohol, sustancias estranas ou falta de sono. Perder 17 puntos en refacho non está no alcance de case ninguén. Recomendamos proba do virus das “vacas locas”.
Para máis afundimento na materia, podes consultar os datos recollidos en Lardeira, etapa final de alta montaña nesta edición, pica no enlace embaixo exposto. Recorda que restan 6 etapas entre as estacións máis húmidas para febreiro e primeiros de Marzo. A primeira na boca, Fornelos de Montes.