As covas croatas

As Covas de Cerovac foron o escenario da 3ª etapa da X Liga de Primaveira e a despedida de terras croatas cara Italia. E coma en calqueira cova, as temperaturas foron frescas, estivemos cubertos da chuvia e o vento foi testimonial.

A temperatura mínima non baixou moito na madrugada e houbo que agardar ata a derradeira hora do día para ver a mínima. 1º C. negativo foi a marca acadada no remate do día. A máxima, como é normal, rexistróuse no mediodía e somentes chegou ata os 10º C. Non se constatou nengunha precipitación e o vento foi moi frouxo, acadando o seu refacho máximo na madrugada con 22 km/h.

Varios foron os líderes ó longo do día, pero houbo que agardar ata o final para o resultado definitivo. O factor decisivo foi a temperatura mínima, que despois do periodo de entre lusco e fusco descendeu de forma abrupta dende os 6º C. ata o -1 final. O vencedor final en soidade con 57 puntos foi Verducido, que mallou a temperatura máxima e perdeu 1 punto no resto de parámetros. Segunda vitoria consecutiva que lle da o liderato en soidade ante o desafío en terras do norte de Italia.

56 puntos foron os sumados por Víbora, cunha aposta moi similar á de Verducido pero perdendo 2 puntos nos refachos de vento. Segunda praza coa que obtén tamén o segundo lugar na xeral, compartido con Botikas.

Beocha acada a 3ª praza con 55 puntos, que a leva ata a 4ª praza na clasificación xeral a 2 puntos dos seus predecesores e a 3 do líder. Boa xornada tamén para ela co premio do Top-5.

54 puntos engaden no seu marcador Botikas e Denodeno, descoñecido nesta edición, con Top-10 despois de 3 xornadas. 6ª praza a somentes 4 puntos do liderato. Semella que quere dar a sorpresa. O antigo líder, Botikas, baixa un escalón ata a segunda para seguir dando guerra.

Con 53 puntos temos a M. B. Joaquín e a Landrán, con boa xestión das temperaturas. Landrán chega ata a 5ª praza e M. B. Joaquín é a outra sorpresa da xeral co seu 8º posto. Se non penalizan por tardosos poden ser unha boa alternativa ás “vacas sagradas”.

52 puntos foron os acadados por Compoñente Sur, ainda que se acertara máis nas temperaturas acadaría mellor posición na xeral. Ainda así entra no Top-10 a 6 puntos do liderato e semella adaptado ó mar Adriático.

Estas foron as 8 mellores puntuacións nas Cova de Cerovac. A destacar tamén a esa minoría que semella erraron na localización da etapa, entre eles o ex-líder Bar Pequeno, que baixa ata a 12ª praza compartida. Recordar que no extranxeiro a geolocalización da estación en xogo é o 50% do éxito. No será un problema grande nas xornadas en Italia, pero sí cando entremos en Eslovenia, na que os toponímicos volveran a compartirse con Croacia, Bosnia, República Checa, etc.

Se queres acadar tódolos datos surxidos das Covas de Cerovac, en Croacia, pica no enlace que ofertamos baixo estas letras.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *