Derradeira xornada en Croacia antes de cruzar a fronteira cara Italia, desta volta a desputar nas Covas de Cerovac, na provincia de Zagreb. Semella que estos días pasados estivo a nevar na zona e que existen posibilidades de nevadas no domingo, durante o desenvolvemento da etapa. Seica hai un pequeno grupo que despreciou a neve, ou quizais non atoparon o lugar específico de xogo, entre eles o líder, Bar Pequeno, que con 11º de temperatura mínima asegura a carencia de neve. Pode ser que saiban algo que os demáis descoñecen, e para iso, haberá que agardar un pouquiño.
As temperaturas máximas van dende os 5 ata os 25º do líder. Polo que atinxe ás mínimas, están establecidas entre os -1 e os 11º. Moitos puntos entre unhas apostas e outras. Polo que á precipitación se refire, contamos con apostas dende os 0 ata os 6 litros. Pola banda dos refachos de vento, están entre os 15 e os 79 km/h. Moita apertura tamén neste parámetro.
Con apostas tan abertas, para mañá agardamos unha gran competencia, con posibles grandes diferenzas nas puntuacións finais. Se fose tí non agardaría a que mo contasen e seguiría a etapa ao vivo neste enlace a partires das 02:00 horas desta mesma madrugada e mañán e horario continuado dende a mañanciña ata o final da xornada. Pode ser día de trocos e debes seguilo minuto a minuto.Se tes dificultades para acceder os datos de última hora, axudámoste con este tutorial.