As primeiras neves

En O Xipro comezan as xornadas de montaña en eltiempoentuojete. A Fonsagrada inaugura esta xeira de etapas que nos levará ata finais de xaneiro. Ademáis temos a sorte de que o Atlántico segue a enviar borrascas, pero desta vez acompañadas das masas frías que baixan dende o norte, polo que preveemos unha xornada de alta calidade e moita emoción ata o remate do día.

Deste modo temos apostas en temperaturas máximas dende os 2 ata os 6º C. As mínimas, ainda máis apertadas, van dende -1 ata os 2º C. As apostas de chuvia están máis esparelladas, con valores entre os 7 ata os 19 litros, con picos baixos de 3 lts. e incluso un soicida que vai xogar sobre seco. No refacho de vento, hai un abismo entre os 10 e os 70 km/h.. Este parámetro tamén semella decisivo en O Xipro.

Realmente é unha xornada cuasi apocalíptica, que merece a pena seguir en direto. Podes facelo dende este enlace ao vivo a partires da 01:00 horas desta mesma madrugada.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *