Tempo de butelo

Tempo de matanza en A Fonsagrada, e os porquiñ@s de eltiempoentuojete foron ó banco da estación meteorolóxica de O Xipro. Situada no Aeródromo de Reboira, foi o vento, a maiores da chuvia, o que resolveu o podio final da xornada.

As temperaturas, na contra do normal, foron subindo dende a tardiña e acadaron os 7º C., onde nengunha aposta chegara. A chuvia, neve nas primeiras horas, caeu paseniño ó longo do día e rematou con 10 litros, na media das apostas. O vento tamén acadou o seu extremo no final do día, con 46 km/h. pouco antes das 24:00 horas.

Lukas levaba a vitoria cara as 23:00 horas, pero unha leve subida no vento, de somentes 1 km/h. fixo que Julio entrara na ecuación e a vitoria foi compartida. Grande eficacia en tódolos parámetros, non sendo a temperatura máxima, talón de Aquiles da maioría de meteoludópatas..

Por tras, con 55 pts., Kaltxón dende o pozo e Xowi, que amorea segundos postos e segue a trepar na xxeral. Compoñente Sur achégase o Top-20 con 54 puntos. Coa mesma puntuación, Michi e Punteiro afiánzanse nos dez mellores da xeral. Iru tamén saca a cachola do pozo, Landrán vaise achegando o Top-10 e Víbora ingresa neste coma peche.

Estos son os 10 mellores da xornada, os que fan butelo. O resto vai para chourizos. Destacar ó podio actual da clasificación xeral, quedando moi por baixo do agardado, e que ven coma os persecutores recortaron moito treito nesta etapa. Se quedan a durmir, podemos ter moita leria ainda.

Se queres revisar toda a carne que se picou neste día de matanza, pica no enlace embaixo exposto.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *