As sobras de Karim

Non quixo Karim agardar por nós ata o domingo e despregou o sábado todo o que tiña para Galiza. Só nos deixou unha cola de vento medio e chuvia cativa que tivo como escenario a madrugada do domingo, nas primeiras horas da nosa xornada.

A primeira medición do anemómetro foi definitiva. Ás 00:10 sinalaba 51 km/h., marca por riba da maioría dos valores apostados. E cara a mañaciña o termómetro baixou ata os 6º C., tamén inferior ós rexistros da maioría dos meteoludópatas. Na sobremesa, pouco antes das 16:00 h. o mercurio acadaba os 10º C. Chegou a 10,52, insuficiente para o redondeo por 0.03º C. E pouco máis de 4 litros de chuvia se recolleron na madrugada, pero na sesión vermú engadíronse 0,5 litros para deixar a conta definitiva en 5 litros.

Os datos finais deixan 4 gañadores ó unísono e 56 puntos, con tres deles metidos en leas importantes. Rasta76 acada a súa primeira vitoria nesta tempada e segue afundido máis aló dos mediocres. Xowi sube unha plaza ata o 8º posto, tentando recuperarse dunha mala xeira de resultados. Modesto toma ventaxa sobre Marius para o título de “novato do ano“. Na mesma xogada adianta a Punteiro e Julio, chega a cuarta praza e suma a súa cuarta vitoria, o que máis. Unha boa posición no caso de empate. Finalmente Botikas apunta a súa segunda vitoria e colle o liderato con tres puntos sobre un Verducido frouxo en Cedeira. Posición que coñece e defende coma ninguén.

Con 55 pts. entra Mina, buscando recurtar o burato que a separa do Top-10. E, sorpresa, Muy Bien Juaquín, con aposta a 5 segundos da penalización, entra coa segunda mellor puntuación da xornada. Da súa posición na xeral, nin falamos…

Con 54 puntos, Marius segue a demostrar que hai futuro na canteira de meteoludópatas. Colócase a tres puntos da sexta praza e a sete do cuarto lugar. Se mantén o nivel é un rival a vixiar. Nesa mesma pelexa está Víbora que empata a Julio, ainda que con menos vitorias. A tres puntos de Punteiro no 5º lugar e a 4 de Modesto no 4º. O “grupo soicidaanda na llama… Sen esquecer a Beocha, na mesma puntuación e que manten unha velocidade “cruceiro” e nunha illa 16 puntos por baixo dos postos superiores e 21 por riba dos persecutores. Se buscaba tranquilidade, está case asegurada.

Con 53 puntos, Compoñente Sur, con traxectoria mediocre acorde á posición, do que agardamos máis. Landrán, semella resolveu os problemas de atrasos e ameaza a Michi na 12ª posición. Verducido perde comba no liderato, pero a unha distancia ainda recuperable.

No lado negativo vovemos a ter que falar de Julio, cunha xeira de malos resultados similar á de Xowi. Pero xa demostrou calidade suficiente e ha de ter unha carta agachada. Punteiro e Balboa perderon puntos e posicións e se non andan espelidos poden perigar os postos de honra que ocupan agora. Michi segue a cair na távoa, despois do espellismo da vitoria en Fornelos. Kaltxon é outro dos que veu truncada a sua remontada. Pero ainda hai tempo por diante… ou non?

Enriba tes os 12 mellores da xornada en Cedeira e despois non os piores, senón os que defraudaron na parte alta da xeral. Para afondar no acontecido na 22ª xornada da Liga da Inverneira de Galiza, preme no botón embaixo exposto.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *