Ainda quedan asuntos por resolver nesta derradeira etapa da VIII Liga da Inverneira. O Monte Xesteiras, en Cuntis, será o xuiz final que deixará coma definitiva a Clasificación Xeral. Despois dunha semana con prediccións cambiantes, semella que a xornada será sobre tempo seco e morno. Pero a loita polo podio e a consecución dun posto no Top-10, ainda na espera de resolución, entre outros desenredos, non precisan de moita diferenza de puntos para solventarse.
As apostas en temperatura máxima van dende os 15 e os 21º C. No que atingue ás temperaturas mínimas, as prediccións abranguen dende os 6 ata os 11º C., con apostas á baixa de 4 e 1º C. Somentes un participante presenta aposta en auga, cun litro pronosticado. As profecías para o refacho de vento comezan en 19 e se alongan ata os 70 km/., un parámetro que promete diferenzas nas puntuacións.
Etapa definitiva cara a xeral final, que deberías seguir ao vivo dende este enlace, a partires da 01:30 horas desta mesma madrugada.
As apostas:
- O luns, xunto coa clasificación xeral final, desvelaremos a proposta do plan para as ligas meteorolóxicas de Primaveira e Vran, en territorio descoñecido. E por suposto, unha nova edición da Liga dos Terremotos, representada na V OjeteQuake World Globe. Vai preparando o macuto e un tapper con filloas…