Xornada final da VIII Liga da Inverneira a desputada en Xesteiras, no concello de Cuntis. Ainda quedaban varias incónitas por despexar na Clasificación Xeral que foron alumbradas neste fin de semana. E Xesteiras non o fixo doado. A etapa comezaba marcando o primeiro máximo do día, o do refacho, que nada máis comezar o domingo xa chegaba ata os 51 km/h., por riba da maioría das apostas, que picaban por baixo dos 40. Nesa madrugada tamén se constatou unha temperatura mínima abraiantemente alta, con 12º C. No mediodía acadóuse a máxima de 18º C., preto da media de apostas. A falta de precipitación, agardábase unha rebaixa na temperatura mínima que non se producíu. Tamén se agardaba unha subida do vento no final do día, pero non fixo máis que igualar a marca xa establecida.
Deste xeito atopamos coma gran gañador en Xesteiras a Kaltxon, que remata moi forte a competición, con 2 vitorias nas derradeiras 3 etapas e 3 vitorias no cómputo xeral. Gran predicción das temperaturas e do refacho de vento engaden 57 puntos no seu marcador final.
Con 55 puntos entra Botikas, con grandes prediccións, ainda que por baixo do gañador, pero que lle chega para asestar duas “puñaladas trapeiras” e facerse co terceiro chanzo do podio. Gran final con recompensa para o gran “gurú” da meteoroloxía amateur.
54 puntos sumou Beocha para defender a segunda praza da xeral. Sensatas apostas para manter a medalla de prata nesta 8ª edición. Mesmos puntos para Michi, pero sen beneficio na xeral, na que ocupa un lugar máis aló do Top-20.
Catro apostantes suman 53 puntos. Juanito Caminante case lle papa a tostada a Xowi e Julio nunha xornada na que sen chuvia, semellaba inferior. Un punto faltóulle para chegar á cuarta praza nunha tempada na que exhibiu un gran talento na predicción en pluviosidade. Víbora tamén quedou a un só punto de chegar ata Punteiro. O final, 12º lugar para o ex-gañador desta competición. Lume tamén presionou pero quedou ás portas do Top-15 despois dun gran final de liga. Breogán77 establecéuse xusto por tras, remata decentemente a competición.
E ata 9 xogadores acadan 52 puntos en Cuntis. Aki, Nanuq e Modesto manteñen posicións dentro do Top-10 nunha edición na que lles faltou unha migalla para facer algo grande. Marius e Mina quedan dentro do Top-20. Ocandepavlov e Oscar, no Top-30, mentras Zalamera e M.B. Joaquín finalizan máis aló do posto 30.
A vitoria na xeral vai para Verducido, terceiro título e segundo consecutivo, semella o dominador actual na competición patria, desta vez con 16 puntos de vantaxe. Beocha acada unha das mellores clasificacións da sua historia, pero debe agardar pola presea dourada. En Xesteiras defendéuse sen problema do ataque de Botikas, no que sucumbiron Julio e Xowi e no que conqueriu a terceira praza. Cuarta praza para Julio e 5ª para Xowi, pero con mal sabor de boca. Tranquilos, que non foi calqueira, foi Botikas. Gran sexta praza para Juanito Caminante, que a punto estivo de dar máis degustos ainda ós seus predecesores. Nanuq sétimo e Aki oitavo, nunha edición na que sempre estiveron no Top-10. Modesto era un dos novicios favoritos pero que tivo que sufrir para invadir o Top-10. No final, 9ª praza. Sarabia pecha o Top-10 despois dunha gran competición, empañada somentes pola etapa de Fornelos, onde afundiu as posibilidades de mellora.
Para acadar tódala información referente á xornada de Xesteiras, derradeira da VIII Liga da Inverneira, pica no enlace embaixo exposto.
- Ó longo desta semana presentaremos un resumo xeral da competición e as estadísticas do mes de marzo, as do inverno e as definitivas de toda a competición.