Baixo o sol de Luisiana

Nova xornada sobre seco, desta vez no estado de Luisiana. Despois de descargar case 60 litros de chuvia entre o venres e o sábado, o domingo brillou o sol sen contemplacións na estación de Baton Rouge. E mentras, en Galicia desfrutabamos da borrasca Lola… Imos ter que repensar o de sair de Galiza na Primaveira.

A temperatura máxima acadou os 27º C. na sobremesa, despois de baixar ata os 13º C na madrugada. Coa chuvia ainda en letargo, o vento sinalaba 22 km/h. ata o reaxuste final que elevou a marca ata os 31 km/h.

Cunha taboa de apostas tan apertada non sorprende atopar 3 gañadores finais con 59 puntos, tod@s con pleno en temperatura e pequenas diferenzas no refacho de vento. Kalandrakas, cunha xornada perdida, comeza a súa remontada. Do mesmo xeito, Lukas, con penalización por tempo na primeira xornada, escala posicións na parte baixa da clasificación xeral. Distinto é o caso de Compoñente Sur, que gabea ata a primeira praza da xeral e ameaza ás vacas sagradas, un grupo onde xa debería de establecerse. Somentes precisa gañar unha competición…

Pero como reflicte o dito, “a vaquiña sagrada polo que vale”. Con 58 puntos e compartindo o líderato atopamos a Botikas, que inexplicablemente perdeu 2 puntos na mínima. O resto de parámetros, mallados. Beocha perdeu dous puntos no vento e pousa na segunda praza a un so punto do cumio. Puntuación semellante a de Verducido, que se avhega ata o Top-10. Rasta76 sitúase preto do Top-20, á conta dunha mala primeira xornada.

Ata 9 meteoludópatas fixaron a sua marca en 57 puntos. Mina, Breogán77 e Balboa consolidan a súa posición no Top-10. Jose Lopez, Punteiro e Marius solicitan acceso ó Top-10. Zalamera, Oscar e Kaltxon tentan recuperar os puntos perdidos na etapa inaugural.

Isto conforma as tres mellores puntuacións en Baton Rouge. Na xeral, somentes 5 puntos separan o 1º clasificado do posto 19, o que augura moita competitividade ata o remate da liga. Na espera da chuvia, tod@s poden optar á vitoria final en Orlando. Pero a precisión sera básica nunha comperición tan rifada coma ésta e un mal día pode enviar a calqueira ó inferno sen aire acondicionado. Podes indagar nos resultados da xornada de Baton Rouge no enlace que ofertamos baixo estas letras.

Na OjeteQuake, na súa terceira xornada, Punteiro acada a vitoria en soidade por unha mellor aposta de magnitude frente a Xowi, máis preto do epicentro, situado preto de Tonga. Punteiro invertiu a diferenza de case 100 km a base de magnitude. A xornada comezara frouxa e mantivo un sismo de 5 Mg. preto da parte indonesia da illa de Papua. Pero xa no remate do tempo establecido tremía a terra (ou auga) en territorio de Tonga, o que elevou a magnitude a 6.4 Mg, lonxe do apostado, que non superaba os 6 de magnitude. Xowi no liderato, con Víbora e Mina no podio e con somentes 100 puntos entre os 10 primeiros. Todo por facer nunha liga que apenas comezou…

Podes consultar os resultados desta 3ª xornada da OjeteQuake 2021 no enlace abaixo exposto.

Non podemos despedirnos sen dar a noraboa a tódol@s apostantes da Liga meteorolóxica pola precisión amosada en Baton Rouge. Semella unha das etapas con maior porcentaxe de acerto na historia de eltiempoentuojete. Pode que lle estén pitando os oidos a moitos meteorólogos profesioais… Ben feito!!!

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *