A VIII Liga de Primaveira troca de estado e visita Baton Rouge en Luisiana a súa terceira cita en territorio americano. A semellanza das etapas anteriores voltamos ter calma despois da treboada. Estas estiveron presentes durante o venres e tamén estarán activas neste sábado, pero seica imos ter un domingo seco e sen alteracións reseñables. Tamén estiveron activas as alarmas por tornado, pero esvaecéronse nas derradeiras horas.
Deste modo, preséntase unha etapa máis competida ainda que a de Tuscaloosa, cunha alta probabilidade de pleno ou cando menos de vitoria multicompartida.
As apostas en temperatura máxima, cunha marxe axustada de entre 25 e 28º C., a máis de unha aposta de 21º C. As mínimas oscilan entre os 11 e os 16º C. As apostas de pluviosidade voltan estar baleiras e os refachos de vento establécense entre os 11 e os 40 km/h. Un nivel de apostas apertadas coma nunca antes se vira.
Esta etapa merece ser controlada ao vivo e podes seguila neste enlace dende as 07:00 horas desta mesma madrugada.
Na OjeteQuake temos unha maioría de apostas na cara oeste do Anel de Fogo, pero desta vez amplíase o espazo ata á costa norte do continente americano e a Oriente Medio. As apostas en magnitude non superan o grado 6, polo que semella que as diferenzas serán pouco abultadas.
Para seguir a xornada quake ao vivo, podes acceder dende este enlace a partir das 02:00 horas.