A 6ª etapa da XI Liga da Inverneira é a derradeira onde se da unha marxe de tempo para a entrega das apostas. A partir de agora haberá que ter moito coidado en recordar o día e a hora na que se vive, sobre todo semanas coma esta, cun festivo no venres de aposta. Semella que esta xornada vai ser de transición, debido á tranquilidade que nos da a influencia do anticiclón e a que a terrible DANA do mediterráneo non chegou a afectar ó noso país. Ainda así búscase un gañador entre as apertadas apostas recibidas para a Serra da Faladoira, no concello de Ortigueira.
As apostas recibidas para as temperaturas máximas van dende os 17 ata os 23º C. Polo que respecta ás mínimas, estas oscilan entre os 9 e os 14º C. Ningunha das apostas predixo chuvia e polo que atinxe ós refachos de vento, están encadradas entre os 8 e os 47 km/h.
Moi axustadas as apostas desta semana o que nos indica unha loita con poucas diferenzas en Ortigueira. Non deixes de seguila ao vivo dende este enlace a partires das 01:40 horas desta madrugada e dende a mañanciña do domingo ata o remate da xornada. Andamos na procura dun heróe e tí podes ser ese campión!!