Albíscanse nubes no horizonte. Semella que a segunda xornada do Torneo de Vran en Alaska vai poñer a proba todo o coñecimento adquirido durante anos en eltiempoentuojete. Incluso a sorte deberá estar da túa parte para poder levar unha vitoria que decidirá moito o desenrolo da competición. Incluso pode ser decisiva para a selección dos 16 mellores que acudirán á Ojete’s Cup. Pero non vendámolo peixe antes de arribar o barco. Para este domingo temos unha grande variedade de apostas que, de calqueira modo, vai axitar a clasificación xeral coma un olivo en xaneiro.
Desta maneira temos unha xornada apocalíptica, que merece a pena ser seguida ao vivo dende este enlace. Será a partires da mañanciña do domingo, por mor das 10 horas de diferenza horaria.
As apostas en temperatura máxima van dende os 11 ata os 13º C. As mínimas, entre os 8 e os 13º C. Todo moi apertado nestes parámetros. Nada que ver cos valores recibidos para a pluviosidade. A aposta menor é de 1 solitario litro, mentras que o valor máximo acada os 66 litros. Polo medio, distintas cantidades de chuvia que promete ser o parámetro a seguir. Pero tampouco defraudan as apostas en refacho de vento, con cifras entre os 20 e os 61 km/h.
Polo que atingue á OjeteQuake, A maioría das apostas seguen a estar concentradas no Anel de Fogo, con máxima concentración entre o norte de Xapón e Papua. Fora desta zona atopamos apostas no Golfo de Bengala, no Mar Caspio, en Alaska, California e norte de Chile. Todo isto despois do sismo de 6 Mg. que sacudiu a fronteira entre California e Nevada. Se queres casar en Las Vegas cun Elvis afeccionado, vai pedindo cita…
Podes seguir esta xornada sísmica neste enlace ao vivo dende as 02:00 horas desta madrugada.
- E recordamos que @s non presentad@s ainda poden achegar as súas apostas ata as 16:00 horas. No caso de erro en coordenadas, podes avisar dos trocos no sigo positivo ou negativo antes das 20:00 horas de hoxe. Agardamos, pero temos límites.