Complexo Brahmaputra

Logo da desputa da 2ª etapa do Torneo de Vran, podemos asegurar que predicir o tempo nesta parte do mundo e nesta época do ano no é doado. Mirando a clasificación podemos ver que o líder, a día de hoxe, non chega ós 50 puntos de promedio. O posto 16, derradeiro en conceder acceso á Ojete’s Cup, ten unha media de 40 puntos por xornada. Somentes levamos 2 etapas pero imos entendendo da dificultade da competición. E semella que isto vai facer que non podas dar nada por feito, nen sequera na xornada final.

En Zunheboto, as temperaturas deron un susto á maioría dos apostantes, que deixaron puntos do parámetro máis estable. O día comezaba por riba dos 22º C., que nos derradeiros intres do domingo baixaba ata os 21º C. definitivos. A máxima acadou os 32,5º C., ata onde pouc@s apostantes chegaran. A chuvia amosaba no inicio 42,5 litros, que pertencían ó sábado. No domingo recolléronse 12 litros, e mentras chovía, rexistróuse o refacho máximo da etapa, con 12 nós, convertido a 22 km/h.

A vitoria en soidade pertence a Julio con 52 puntos. O seu maior faio estivo na temperatura máxima, tendo moi bos resultados no resto dos parámetros, sobre todo na auga. Sube ata o 9º posto da xeral, acadando a 14ª vitoria histórica.

Popolo era o virtual gañador en Zunheboto ata que a temperatura baixou un grado e mudando a vitoria cara Julio. Apostas moi equilibradas para chegar ata o 4º posto da xeral a 3 puntos da cacheira cos 51 puntos acadados.

Verducido e Landrán marcan 50 puntos, pechando o cuarteto que superan esta marca en Zunheboto. Verducido perdeu a maioría dos puntos na chuvia, pero colle o liderato da táboa xeral. Landrán apostou máis equilibrado e queda segundo na xeral, somentes un punto por baixo de Verducido.

47 puntos suman Michi e Modesto. Foron dous dos penalizados polas temperaturas, pero renderon ben no resto dos parámetros. Modesto colócase 5ª, a 5 puntos do líder, e xusto por diante de Michi, cunha desvantaxe de 2 puntos.

Bar Pequeno e Xowi aportan 46 puntos no marcador. Xowi sitúase no 7º lugar e Bar Pequeno, de loito na xornada inaugural, ascende ata o posto 22, cunha distancia de 5 puntos co derradeiro lugar que permite acceso á Ojete’s Cup.

Se queres escaravellar no acontecido na 2ª etapa do Torneo de Vran no Brahmaputra, pica no enlace que adxuntamos embaixo este texto.

E na OjeteQuake 2022 pasamos o día cun sismo de 4,8 Mg., e, cando todo semellaba rematado e destinado a Indonesia, tremeu a terra (ou a auga) preto das Illas Marianas cunha forza de 5,6 Mg.

Aki acadou 496 puntos, segunda mellor marca da tempada. Somentes perdeu un punto en latitude, outro en lonxitude e dous na magnitude. Na xeral colócase no posto 21.

491 puntos fixo Víbora, tamén moi preto do epicentro máximo. Chega á segunda praza, recortando puntos co líder. Na vertente sur atopamos a Compoñente Sur con 490, que mallou a magnitude e circula lonxe da cacheira, no posto 27 e con duas xornadas perdidas. Julio, dende o norte de Papúa, consegue 481 puntos e mantén praza no Top-10 da xeral.

Para indagar no acontecido na 14ª etapa da OjeteQuake 2022, preme no botón que atoparás baixo este texto.

  • Estamos a controlar a estación desta semana, Hailakandi, ante un posible troco de ubicación da estación, á conta dun faio que non amosa os datos necesarios dende fai máis dunha semana. Estade atentos ante as noticias para a reubicación da xornada. Agardamos facer os trocos (en caso de facer falta) ó longo do día de hoxe. Desculpade os inconvenientes.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *