Terrible xornada a que temos por diante no IX Torneo de Vran en India. Zunheboto, con nome de cidade africana, semella un reto nesta 2ª etapa, sempre á conta das apostas recibidas. Moita amplitude en tódolos campos, con especial ollada na pluviosidade, pero con marxe amplo tamén nas temperaturas. O vento semella o parámetro máis parello e con menor impacto na clasificación, pero escoller vencedor@ vai ser compricado. Pode ser unha xornada épica e encumbrar a un/unha meteoludópata. Quén quere ser unha lenda?
As apostas para a temperatura máxima van dende os 21 ata os 33º C., cunha aposta liberada en 41º C. No que respecta ás temperaturas mínimas, recibimos apostas dende os 14 ata os 24º C., outro parámetro con moita amplitude. O parámetro a seguir en Zunheboto será a pluviosidade, con apostas que oscilan entre os 0 e os 46 litros. Os refachos de vento están focalizados entre os 8 e os 37 km/h., sendo o aspecto máis apertado na apostas.
E todo isto marcado pola necesidade de permanecer entre os 16 primeiros, que serán @s escollid@s para desputar a derradeira competición da tempada, a Ojete’s Cup 2022. Por iso, se non queres perder nada do que aconteza en Zunheboto, deixamos un enlace ao vivo, que comezará a transmitir a partires das 03:00 horas desta mesma madrugada. Recorda que se tes problema para atopar os datos da IMD (Axencia meteorolóxica da India) temos preparado un pequeno tutorial no que indicamos o mellor xeito de facelo. Podes atopalo eiquí.
E na OjeteQuake temos a maior concentración de apostas no lugar de sempre, o este de Asia. Desta vez as apostas comezan unha liña en Alaska que se alonga ata o sur de Papúa Nova Guinea. Fora de este ámbito, somentes cinco descarriad@s. Éstes localízanse ao sur de Irán, no Golfo de Bengala, ao sur de Sri Lanka e no sureste de Rusia. A magnitude máxima apostada acada os 6.8 Mg.
A etapa 14 da OjeteQuake comeza cara as 03:00 da madrugada e podes seguila dende este enlace ao vivo.