De secano no Caribe

A chuvia voltou ser a protagonista indireta da penúltima rolda da Ojete’s Cup 2020 en Belice. Comezamos a dubidar do rendemento das leiras de cana de azucre…

A semifinal entre Oscar e Compoñente Sur dicidíuse pola mínima, a conta do litro de diferenza nas suas apostas. Segunda final para Oscar, mentras Compoñente Sur buscará a medalla de bronce.

A mesma posición pola que loitará Jose Lopez, quen, tamén pola auga perdeu a eliminatoria co “negacionista” da auga Breogán77. Xogará a sua primeira final do torneo do K.O.

A auga tamén decidiu o enfrontamento entre Michi e Bar Pequeno, que xogará pola 7ª praza. Michi ten unha cita co 5º posto.

A esa loita presentarase Marius, que acadou a mellor puntuación da 3ª rolda. Beocha tentará a vitoria pola 7ª praza.

Na cara B do cadro Botikas derrotou a Xowi á conta da cantidade de chuvia e competirá pola 9ª praza con Verducido, que gañou a Julio polo mesmo parámetro. Éste medirase a Xowi polo 11º lugar da távoa.

Víbora superou a Alucarda e Lukas a Iago. Xogarán entre eles polo 13º lugar, unha vez acadada unha vitoria. Por lograr esa vitoria e non perder tódalas roldas xogarán Alucarda e Iago. Ninguén quixera estar no seu lugar…

Se queres ver por tí mesmo os datos recollidos en Belmopán, fai clic no botón de embaixo.

Na OjeteQuake 2020 todo se vai decidir na derradeira xornada. O maior quake do día foi na illa de Kokopo, en Papua Nueva Guinea, cunha magnitude de 5,5. O apostante máis preto do sismo foi Víbora, que acada a sua primeira vitoria nesta edición, ainda que pode que non lle chegue para lotar polo título a semana seguinte, Nesta loita están os 5 primeiros, con apenas 100 puntos de marxe. O gañador tamén podería estar entre os 9 mellores, pero terían que atopar unha localización illada. Lukas recupera o liderato e está en disposición de acadar o título, ainda cunha penalización por tempo na 7ª xornada.

Para acceder a tódolos datos recollidos na 9ª etapa da OjeteQuake 2020, preme no botón de embaixo.

Saúde e clima!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *