Loita na capital

Belmopán recibe á tropa de eltiempoentuojete para a celebración das semifinais da Ojete’s Cup 2020. De novo ameazas de chuvia que farán da xornada unha emocionante proba de valor na pluviosidade.

Compoñente Sur e Oscar buscan a gloria da final cuns marcadores moi parellos. As maiores discrepancias están na temperatura.

Breogan77 e Jose Lopez, moi igualados nas temperaturas pero con amplias diferenzas na auga e no refacho de vento.

Bar Pequeno e Michi, na mesma onda, teñen variantes significativas en auga e vento.

Beocha e Marius, con apostas semellantes, difiren levemente na auga e a temperatura máxima.

Botikas e Xowi comparten apostas en temperatura e discrepan pouco no resto dos parámetros.

Julio e Verducido, con parámetros semellantes, atopan as diferenzas na auga.

Alucarda e Víbora marcan diferenzas na temperatura máxima e na auga. Tamén dispar as apostas en vento.

Lukas e Iago basan as discrepancias na chuvia e na temperatura mínima.

Deste xeito gran penúltima xornada da tempada con moito que decidir e que podes seguir ao vivo dende este enlace.

Na OjeteQuake, coma sempre a maioría das apostas están confinadas na zona do sureste asiático, entre Filipinas, Malasia e Indonesia. Duas apostas no sur de Xapón e unha cara o norte. Tres apostas no sur de Alaska e unha á espera de confirmación. Podes seguir a xornada sísmica ao vivo dende eiquí.

As apostas:

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *